leoeosseus

Tuesday, 8 January 2008

Perdón polo mal tempo



Remataron as festas con chuvia de agasallos por parte de Papa Noel e os Reis Magos. O Leo non apreza os xoguetes e faille máis caso a un corcho dunha botella que a un moneco. Bueno, está na idade, non ?.

O mal tempo parece que segue con nós. Pero tamén cantei a noite de Reis cancións do karaokiño en boa compaña e iso merece un castigo divino en forma de chuvia. Pido perdón.

Labels: , ,

10 Comments:

At 08/01/2008, 02:23 , Blogger mamiago said...

Imos ter que perdoarche porque parece que vai a escampar...
Teño un pequeno problemilla no blog de videotecautista e preciso da túa axuda e de todo o que se queira sumar, pero por favor, con delicadeza, humor e astucia...
Isto é o que me pasou:
http://videotecautista.blogspot.com/2008/01/como-entender-textos-en-gallego.html

 
At 08/01/2008, 09:14 , Blogger Mer said...

segue cantando, diranche moitos, ou, e por qué non empezaches antes?
unha aperta de retorno aínda que tí non fosches dos que marchaches de todo

 
At 08/01/2008, 12:15 , Blogger Nébeda said...

pois que os Reis Magos aproveiten, xa que a Leo lle gustan máis os corchos que os xoguetes ;)

muak.

 
At 08/01/2008, 17:21 , Anonymous peke said...

Discrepo: que chova non é un castigo divino senón unha beizón. Canta, canta máis. :)

 
At 08/01/2008, 17:47 , Blogger Fada Branca said...

Creo que mamiigo quere saber se se pode recuperar un comentario que eliminou o autor

 
At 08/01/2008, 18:47 , Anonymous Doutora Seymour said...

Ben, se elixiu o corcho... é que aínda nos queda unha raiola de esperanza nestas novas xeracións.

 
At 08/01/2008, 22:47 , Blogger busto.agolada said...

O Leo fantástico por presenza e por saúde. E tamén por saberse enredar cun anaco de cortiza. A imaxinación é o xoguete máis orixinal e poderoso.
No que atingue a cantar, estou de acordo cos que che piden que cantes máis se é que así arrecian as chuvia. Coa falta que fan, non lle chames mal tempo. O mal tempo foi o outro.
Apertas e grazas polo enderezo do blog do castro de Neixón. Acertaches, del interésame todo o que ofrecen.

 
At 09/01/2008, 09:12 , Blogger Mer said...

Por certo...

KARAOKE: do xaponés "espazo baleiro"

 
At 09/01/2008, 13:13 , Blogger torredebabel said...

que bonito que é o coche de Leo! aquí, eses vehículos chámanse "pata-pata" porque para ir adiantando os nenos teñen que mover primeiro unha perna (pata aquí en sentido non culto, por extensión das dos animais) e logo a outra e así. Santiago ten un cunha forma moi simpática tamén e, mesmo que xa ten idade para bicicleta pequena (e de feito a ten), non deixa día sen dar unha voltiña no seu pata-pata ;-))

 
At 10/01/2008, 00:31 , Blogger silviacansa said...

Recoméndovos un novo CD moi fermoso para cantar e xogar con leo: Pelo gato 24,
Ten cancións moi fermosas e cuns arranxos moi coidados e animosos. Contén historias e bailes, (como un anterior do mesmo estilo pero que era monotemático de nadal o Kirikiki, que o nadal pasado foi a nosa banda sonora.....
os meus fillos de 7 e 4 anos levan duas semanas co Cd todo o día porque polo visto son as adiccións de estas idades....

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home