leoeosseus

Tuesday, 15 January 2008

Pantalóns de peto



As rebaixas son boas para mercar cousas para o Leíño que medra rapidamente. E agora ten uns petos. E os petos fan a Leo un machote coma o home da foto que fotografei dunha tarxeta de propaganda de guisqui sureño ou " bourbon ". Fotografeina porque me fixo muita gracia. O home di: " Os veciños do lado antes tiñan un caniche ". E semella que o di extrañándose de onde iría a parar o raio do caniche sen imaxinar que o seu crocodrilo teña algo que ver coa desaparición do lapacricas. E logo pon embaixo: Os sureños teñen as súas propias normas.

No futuro pode que o Leo teña bigote, unha tatuaxe e tamén un crocodrilo, pero antes ten que comer muito e seguir as vacinacións.

Labels: ,

13 Comments:

At 15/01/2008, 10:45 , Blogger Mer said...

É fermoso ver como van medrando os pequechos, aínda que no fondo da un pouquiño de pena.
A etapa que máis me gusta dos nenos é a partires dos dous anos, empezan a falar con soltura enfarrullando todo coas súas preguntas, raros argumentos e estranas conclusións.

Unha aperta

 
At 15/01/2008, 11:23 , Anonymous xurxocimadevila said...

Todo é posible, pero de momento que siga o plan que lle marcas, xa terá tempo de ter un crocodilo.. :)

 
At 15/01/2008, 16:47 , Blogger abueloscrisytoño said...

Como pasa o tempo...

 
At 15/01/2008, 19:37 , Blogger A lareira de Santiso said...

Unha vez gañei un premio literario. Escribino non sei con que idea, pero tiña claro que, se o gañaba, os cartos irían directamente a mercar un vaqueiro de peto. E merqueino.
Historias de petos...

 
At 15/01/2008, 20:44 , Anonymous peke said...

Gústanme os pantalóns de peto. O Leíño ha estar ben chusco con el. Xa nos porás unha foto, eh?. ;)

 
At 15/01/2008, 22:09 , Anonymous Chelo said...

A min tamen me gustan os pantalons de peto, e como dis ti en casos como o de Leo si que conven aproveitarse destes momentos, inda que hoxe falando cunha amiga que tamen foi porque precisaba dalgunhas cousas, dixo que permaneceu unha hora e media nunha cola para poder pagar, e iso que foi as 10 da mañan, espero que non tiverades que esperar tanto...
Intento imaxinar a Leo coma o home da fotografia pero non son capaz, tatuaxes, piercings non sei, pero cun cocodrilo, espero que o do cocodrilo non se cumpla, que medo, e se o ten que sexa porque é propietario dunha reserva, zoolóxico ou algo polo estilo, inda que sabendo como sodes e o amor que sentides por todo ser vivinte, incluindo, mosquitos, arañas e demais, se sigue os vosos valores, sei que non o tería por mal.
Non me fagas moito caso que cando me poño a barrenar non me detén ninguén...
Coidadevós moito.
Bqñs.

 
At 15/01/2008, 22:48 , Blogger Suso Lista said...

Moi bo o sureño ese. Se queres ver grande o Leiño, dalle caldo, que é a raiz do corpo.

 
At 16/01/2008, 01:45 , Anonymous Doutora Seymour said...

Medo me dan as normas, as dos sureños e todas as demais. A min non me sentan os pantalóns de peto, igual é por iso, non sei...

 
At 16/01/2008, 12:33 , Blogger Mariola said...

Vivan os pantalóns de peto!! Hai xa uns anos, tiven a febre dos idem e non facía máis que andar con eles, son comodísimos e resultóns.

Sorte nas rebaixas!

 
At 16/01/2008, 22:26 , Blogger busto.agolada said...

Eu non lembro ter usado pantalóns de peto, por iso sinto envexa do Leo porque "leo" aquí mesmeo que son comodísimos.
Seguro que cando sexa grande vai ser así de fortachón. O dobigote que o decida el pero o primeiro xa o decidiu a natureza.
Saúdos e saúde para o Leo.

 
At 16/01/2008, 23:42 , Blogger elvira carvalho said...

Na idade do Leo a roupa deixa de servir quase de mês para mês. E o babado pai já a sonhar com um filho com corpinho de tarzan hem?
Um abraço

 
At 19/01/2008, 17:15 , Blogger paideleo said...

O Leo promete na forza física. Só desexo que vaia ben e feliz e que o blogomillo desfrute co el.

Graciñas polos piropos e bos desexos.

 
At 20/01/2008, 23:28 , Anonymous jan said...

A min de nena tamén me encantaban os petos, lembro un do que gostaba moito, en cor branco e o puña cunhas camisas de cadros e as botas catiuscas...que panorama...

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home