leoeosseus

Wednesday, 23 January 2008

Foto denuncia



O outro día meteron un xornal gratuito no buzón de correo e tiña esta foto onde invitan a denunciar cousas que se poden mellorar. Eu vounos chinchar e mandar a foto do seu anuncio para que escriban mellor en galego e se deixen de " imáxenes ". Imaxinas escribir nun periódico en español " imájenes ", por exemplo ?.

Labels: ,

13 Comments:

At 24/01/2008, 08:49 , Blogger Veloso said...

A falta de respecto pola nosa lingua é unha constante. Mesmo algúns dos que a empregan caen sempre nun desleixo que, como ti dis, non se atreverían a perpetrar no caso de utilizar o castelán. Dálles caña.

 
At 24/01/2008, 10:32 , Blogger abueloscrisytoño said...

A moitos de nos, no nos deixaron aprender o galego. Sera un de nos?

 
At 24/01/2008, 11:49 , Blogger abueloscrisytoño said...

Nós

 
At 24/01/2008, 12:32 , Blogger Mariola said...

Sen compaixón.

(eu inclúome no grupo dos que facemos un uso non malo pero si irregular da língua --aínda non memoricei a normativa, non sei se merece a pena, por se cambia de novo, digo--)

 
At 24/01/2008, 18:21 , Blogger vermella said...

dalle duro e pídelles que contraten un filólogo que eu teño un curmán no paro.
saúdos.

 
At 24/01/2008, 20:37 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

A verdade é que eu son a primeira que meto a pata moitas veces no noso idioma, pero é que a min pasoume o que di abueoscrisytoño, non nos deixaron aprender o galego polo que tuvemos que aprender pola nosa conta e claro como mudan tantas veces a normativa pois bueno, ahí andamos coas nosas carencias, pero aprendendo cada día.
Pero o do xornal non ten perdón, que contraten a xente que sepa o idioma, digo eu.

 
At 25/01/2008, 10:16 , Anonymous peke said...

Fas moi ben.

 
At 25/01/2008, 11:53 , Blogger Mer said...

Pois sí, moi ben feito. Onde tamén hai moitas faltas máis gramaticais que ortográficas é nos carteis de Caixanova. Xa cacei varios erros importantes, e na edición dixital en galego de A Voz de Galicia xa nin comentamos.

 
At 25/01/2008, 18:25 , Blogger torredebabel said...

pois farías moi MOI ben en denuncialos a eles mesmos!! Se cadra, non son eu a persoa axeitada para dicir estas cousas, pero se alá é malo, non queirades saber o que é escoitar o galego dos que levan décadas vivindo de Galiza aquí.

 
At 25/01/2008, 18:37 , Blogger tangaranho said...

Quando se escreve em galego como se for um registo do castelhano, é-che o que se passa...

 
At 25/01/2008, 19:11 , Blogger busto.agolada said...

Velaí un cazador cazado. Vese que hai que levar a escopeta con retrovisor.
Évos esta unha leria que tardaremos en arranxar. Ben din algúns que nos cambian a normativa con frecuencia, outros nin siquera foron escolarizados en galego e aínda por riba pois temos as interferencias lóxicas produto da convivencia das dúas linguas.
Ollo! Quen estea libre de erros que tire a primeira pedra. Eu case non me atrevo. Pero si me sumo aos que reivindican máis pureza e normalidade para o noso maltratado idioma.
Apertas.

 
At 26/01/2008, 00:19 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Se Busto non tira pedras; eu non me atrevo a quitar nin as mans dos petos. Ainda así hai bultos que cantan moito.
Ben cazados e ben chinchados, sí señor.

Saúdos

 
At 26/01/2008, 15:27 , Blogger X said...

Ha ha ha
Moi boa idea.
:D

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home