leoeosseus

Thursday, 31 January 2008

Corunna



Xa sabes que estiven corrixindo o blogo que escribía nos EEUU e lembrei algún posteo curioso como o do 29 de setembro de 2005 onde dicía isto:

" Seguindo coa toponimia galega nos EEUU topei cun caso interesantísimo que dá para unha novela.
Resulta que topei unha Corunna en Michigan, EEUU; e consultei a páxina e descubrín que o nome desta vila púxoo un tal Andrew Mack que fundou esa vila e colleu o nome porque trouxo unhas ovellas da Coruña. A min este punto paréceme un pouco tonto e prefiro pensar que tivo un amor imposible na Coruña ou que lle encantou a cidade. A ninguén se lle ocorre bautizar unha poboación co nome da localidade de orixe dunhas ovellas por moi boas que sexan !. E o asunto non remata aí senón que o tal Andrew Mack marchou de Corunna e deu por morrer en…Corunna, Ontario, Canadá. Neste caso a cidade foi fundada co ese nome por un inglés que loitou na batalla de Elviña. E aínda hai máis: esta cidade canadiana ía ser capital do Canadá pero que non chegou a selo pola proximidade cos EEUU e o perigo que corría con iso.
Que cousas ten a historia: polo rabo dunha cereixa non chega Corunna a ser capital do Canadá !.
E por todo isto pido no meu nome que Andrew Mack sexa decrarado fillo adoptivo da Coruña; un home que por algunha razón misteriosa fundou unha vila co ese nome e que por destinos ineludibles foi morrer nunha cidade do mesmo nome ben merece ese recoñecemento.
E ti que opinas ?.
posted by acedre @ 6:25 PM 5 comments "

Labels: ,

2 Comments:

At 01/02/2008, 12:41 , Anonymous Paco Penas said...

No google maps atopei unha urbanización nos Estados Unidos que todas as súas rúas tiñan nomes de povos galegos, Lalín, Arzua, Betanzos, ferrol...
Eu aínda teño o nomer de ACEDRE no meu blog, que por certo non sei como respira aínda...jeje

 
At 02/02/2008, 01:22 , Anonymous Chelo said...

Non tes porque disculparte de nada, escribes o que sintes e penso que falo por todos o dicir que e polo que nos gusta ler o que escribes, non so imos estar aqui pa cando teñas que contar cousas mais alegres e teñas a moral por todo o alto, non?
Unha aperta moi forte e moitos bicos.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home