leoeosseus

Tuesday, 1 January 2008

Boa entrada de ano

O ano comezou coas uvas e os brindes e a foguetada nas rúas co susto que levou o Leo. Un pouco máis tarde tocou a volta á casa cunha néboa mesta e fantasmal da que xurdiu de súpeto a caseta de cobro da autopista cunha rapaza que non sei como non morría de medo.
O día agora está chuviñento e as rúas case vacías e a chuvia vai borrando o cartel a vinte metros da casa. É un cartel curioso, que semella broma; e que trascribo aquí.
" Véndese porco da casa, criado con calacú e landras de Mosende. Pesa sobre uns 150 kilos. Precio 350 euros. Tel:627574599-699058523. Preguntar por Juan Carlos. Nota: o que compre ten que dar a proba dun anaco de lomo ".

Que o 2008 che empece co humor do tal Juan Carlos.

Labels:

11 Comments:

At 01/01/2008, 22:28 , Blogger Ghanito said...

Querido Acedre, ogallá que o ano 2008 sexa como mínimo tan bo coma foi este 2007 para vós. E se pode ser, mellor.
Unha aperta para os tres na casa.

 
At 01/01/2008, 22:33 , Blogger busto.agolada said...

Vese que chegou o marketing ao cortello. Cada día descubro novas sorpresas neste mundo tan cambiante. A ver agora que novas nos trae o 2008. Segiremos á espreita.
Apertas.

 
At 02/01/2008, 00:02 , Anonymous paidovento said...

Es un fenómeno pillando rarezas. Feliz ano para "ti e os teus".

 
At 02/01/2008, 12:48 , Blogger Berta Helena said...

Tem piada, sem dúvida.
Por aí chove, por cá temos tido belos dias de sol, à excepção de um ou outro momento de chuva.
Beijinho ao Leo.

Um Feliz 2008.

Abraço.

 
At 02/01/2008, 13:00 , Blogger Fada Branca said...

Feliz ano paideleo, quí me tes de novo, despois destas vacacións dando guerra.

 
At 02/01/2008, 14:14 , Blogger TXARI said...

pois ainda que a realidade supere a ficciom tenho que dizer que eu começei un ano mercando um porquinho na feira de betanços...os/as que me conheçen saben de sobra o conto pq nunca canso de contalo...quen nos vería pola feira passeando ao porquinho atado por umha pata...jajajaja...coissas da vida, e do fin de ano....bo ano pra ti e a família...!!

 
At 02/01/2008, 15:13 , Anonymous peke said...

Seguro que o porco ese ha de saber a gloria.

 
At 02/01/2008, 21:18 , Blogger Pau said...

Pois seguro que está ben bo ese lomo.
O d@s emplead@os das autopistas pola noite si que debe de ser algo fodido

 
At 02/01/2008, 22:39 , Anonymous Paco Penas de Dorvisou said...

Un porquiño celtiña que mesmo pode competir cos da raza ibérica!!!!!
Pois Pedriño, a min déronme as uvas no coche.Ás veces un non cálcula ben o tempo é o espazo ou quizais, que non escoita cando falan os demais :-)
Saúde e terra.

 
At 02/01/2008, 22:55 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Pois mira, entre ti e mailo Juan Carlos do porco fixestes que aprendese o que era o calacú. Para que logo digan que esto non ilustra...
Por certo, o porco non é caro; ainda que a ver canto lomo quere o J.C...

Feliz ano dende Antas

 
At 03/01/2008, 18:51 , Blogger Elianinha said...

Feliz 2008 para toda a familia!!!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home