leoeosseus

Friday, 11 January 2008

Alimento de cabalos


Hoxe tocoume ensacar pienso para cabalos e hai que ver como arrecende. O alimento para cabalos ten dúas características diferentes dos outros: é de sabor e cheiro dóces e non ten pó que senón os cabalos esbarrufan cando comen. O cheiriño dóce dallo a melaza e a garrofa. A melaza parece ser que a empregan tamén para facer Coca-Cola, de feito vén un camión cisterna deles a encher o depósito de melaza. No tocante á garrofa dicir que é unha especie de xudía tamén de sabor dóce que pendura dos algarrobos. Antigamente había muitos algarrobos pero van a menos estas árbores mediterráneas debido ao abandono da economía tradicional e a urbanización da costa mediterránea. Tamén descubrín que os exipcios usaban as sementes para pegar as vendas das momias e que as sementes do algarrobo servían para pesar o ouro nas balanzas ( kerat en árabe é semente de algarrobo e daí vén a palabra quilate ). Todo isto descubrino aquí. Para que vexas que todo ten a súa historia curiosa.
Na foto saen uns ponis cun refuxio " tipical galician ".

Labels: ,

9 Comments:

At 11/01/2008, 17:00 , Blogger Mer said...

e ao leo gústaranlle moitísimo os cabalos, claro
é boísimo que os nenos medren rodeados de animais
unha aperta e boa fin de semana

 
At 11/01/2008, 21:34 , Anonymous Iria said...

Pois gracias por comparti-la súa sabiduría. Biquiños para Leo.

 
At 11/01/2008, 23:15 , Blogger elvira carvalho said...

Também gosto muito de cavalos. E é interessante o que nos conta da ração.
Bom fim de semana
Um abraço

 
At 12/01/2008, 01:28 , Blogger O Raposo said...

Hasi que ver o que se aprende por internete.

 
At 12/01/2008, 14:07 , Anonymous Sombra do Sol said...

Hola buenas noches, viernes actualización día de la lectura. Yo estaba feliz con su comentario en mi página, siempre trato de jugar mis escritos al corazón, que sabe un mundo que no tiene éxito y más fraternal hermano. Estoy utilizando el talento que Dios me dio. Ten en cuenta que cada uno de ustedes tiene un lugar especial en mi corazón. Cuando leí todos los comentarios, veo que mi click en diversas marcas de las personas es sumamente importante. Las personas que, en contacto con ellos, me permite ir dando paso, me convierte en alguien mejor, más suave, más armoniosa, y que son parte de esta transformación. Tiene un bonito final de la semana con gran paz, la salud y la luz. Abraços de fraternal amigo

 
At 12/01/2008, 21:09 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Non che tiña nin idea de todo isto que contas dos algarrobos e máis da garrofa, non te deitarás sen saber unha cousa máis.
Saudiños e bicos para o Leo.

 
At 12/01/2008, 23:51 , Blogger oko said...

ás veces sorpréndeme saber o que comemos e bebemos. hoxe unha amiga preparoume unha infusión con rosas. e sabía bastante particular

 
At 13/01/2008, 17:12 , Blogger A rapaza do arco said...

Pois tal e como o explicas a verdade é que case dan ganas de probar esa comida, a ver se sabe como ule. A min é que m eperden as cousas doces :)

 
At 19/01/2008, 20:20 , Blogger torredebabel said...

pois non se deixa de aprender contigo, Paideleo! aquí, os algarrobos están por todas as partes. De feito, é unha das árbores que mais se poden ver na cidade.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home