leoeosseus

Thursday, 13 December 2007

Paquete de Nadal



Hoxe recibín o paquete de Nadal que dan na empresa. Aparte dos productos viña cunha nota onde explica a orixe dos paquetes de Nadal. Eu non sabía a historia e gustoume iso de empezar un ano novo con dóces.

Labels: ,

13 Comments:

At 13/12/2007, 22:19 , Blogger Suso Lista said...

Pois está moi ben eso de pasar o sabor amargo do ano. Os Romanos eran ben listos

 
At 13/12/2007, 22:50 , Blogger busto.agolada said...

Bo proveito e que o novo ano sexa tan doce coma as cereixas da punta da póla ou coma o sorriso do Leo.
Apertas.

 
At 14/12/2007, 09:03 , Blogger Meiga en Alaska said...

mmm que rico, higos, dátiles y miel ! Me encantan los rituales de fin de año! :)

Gracias por tu visita al Polo :)

 
At 14/12/2007, 10:36 , Anonymous Anonymous said...

Bonita historia.
Teño problemas para publicar o comentario. Intentareino como anónimo.
Peke.

 
At 14/12/2007, 12:02 , Blogger Veloso said...

Tampouco foi tan amargo o ano, ou?
En todo caso, que cada día novo que veña traia un pouco máis de dozura... Iso si, que quede no espírito e non se acumule no corpo, non vaia ser que teñamos que furar o cinto. Un saúdo.

 
At 14/12/2007, 18:30 , Blogger A zanfonista said...

Seguro que estarán bos,digo eu. Moitos saudos

 
At 14/12/2007, 21:04 , Blogger A Conxurada said...

Eu tampouco o sabía, e tamén me parece unha boa forma de comezar o ano...ben doce.

 
At 15/12/2007, 00:21 , Blogger Fada Branca said...

Pois é unha curiosa historia que eu tamén descoñecía

 
At 15/12/2007, 18:39 , Blogger abueloscrisytoño said...

Curiosa historia, !que se cumpla!

 
At 15/12/2007, 21:28 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Mira que che eran listos os romanos, non hai máis que ver onde construíron as súas cidades cando viñeron por aquí e como sabían dos mellores viños etc... eran uns auténticos vividores.
Non sabía esta lenda, pero paréceme o úneco con sentido de esta festa estúpida na que convertemos a navidad.
Comer doces para empezar o ano docemente e esquecer as amarguras do ano que xa pasou.
Deséxoche un ano moi doce, para ti e os teus, sobre todo para ise Leiño fermoso.

 
At 15/12/2007, 21:46 , Blogger Mar e Lúa said...

Así os momentos amargos se pasan mellor, certo... Bonita historia coa que entreterme mentres a miña empresa non me dá o meu merecido paquete de Nadal...

¡Eu tamén quero!

 
At 16/12/2007, 14:11 , Blogger vermella said...

Vaia sorte traballar nunha empresa con tanta sensibilidade,a nota da nosa cesta so dí:Feliz 2008,la dirección.
saúdos.

 
At 16/12/2007, 21:21 , Blogger Pau said...

Pois que che aproveiten eses doces. Supoño que este nadal o Leo empezara a darse de conta de que algo raro e máxico pasa nestos días. Odio o nadal, pero supoño que o día que teña un fillo sera outra cousa

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home