leoeosseus

Wednesday, 19 December 2007

O zapeo do Leo


Cando lle apagamos a tele ao Leo vai el e volve prendela dándolle nos botóns e así cambia de canais. Onte fíxoo e atinou coa escolla para o meu gusto. Primeiro puxo a segunda onde falaban do nivel lector en España que é o último país da comunidade europea e extrañábanse de que os países do leste leran máis. Logo o Leo deulle ao botón e saiu Antena 3 onde falaban da Fala, unha variedade linguística do galego-portugués que se fala en Extremadura e que ten total vixencia na actualidade. Nas imaxes estaban nenos cantando unha panxoliña na escola e logo nenas xogando ás palmas cunha cantinela na súa lingua. Non sei: gustoume esa xente que consideran que a súa Fala non se debe perder e están orgullosos dela. Muitos galegos deberiamos seguir este exemplo non vaia ser que dentro de mil anos eles sigan coa súa fala e en Galicia xa non exista o galego.

Labels: , ,

6 Comments:

At 20/12/2007, 00:07 , Blogger busto.agolada said...

O Leo está feito un bo mozo. E atina cos programas interesantes. Felicidades. Seguro que este ano lle gustan os regalos dos Reis.
Da lingua galega de Extremadura tócame de coñecela ben directamente. Aquí en Agolada rendémoslles homenaxe nun frísim,o 14 de novembro de 2004 e asistimos como invitados de honra á sesión onde D. Domingos Frades Gaspar e os outros tres representantes do galego estremeiro foron nomeados académicos da Lingua. Sabemos de Valverdi do Fresnu, de As Ellas e de San Marí de Trebellu, no val do Xáliima e na Serra de Gata, que son os lugares onde resisten case 6.000 falantes da Fala.
Saúdos e bo Nadal.

 
At 20/12/2007, 08:50 , Blogger Perdecanai said...

Bendita a rama que ao tronco tira. Se é que o Leo ten ben a quen sair!!.
É curioso que a tantos km nos teñan que "dar clases" de galeguidade, pero así son as cousas. Eu xa me conformo con que se cumpra o que escribiu o meu fillo nun conto que lle pediron na escola: houbo unha guerra entre as letras casteláns e as galegas, porque unhas e outras querían estar por riba en Galicia e Castela. E ainda que o j tentou facer trampas e facerse co poder, as letras galegas - baixo o mando do x - fixeron que o j caese na súa propia trampa e finalmente as dúas foron gañadoras. E tanto en Castela coma en Galicia se falou nas dúas linguas.
Xa valería con que servise para o caso galego, non?. Saúde e terra.

 
At 20/12/2007, 17:14 , Blogger Marinha de Allegue said...

O Leo é moi disposto, tanto como guapo.

Unha aperta.
:)

 
At 20/12/2007, 19:43 , Blogger elvira carvalho said...

Como o Leo está crescido... E agora começam as gracinhas, tudo é novidade
Amigo quero agradecer-lhe por ter aderido à blogagem colectiva pela Flávia. Afinal só queremos que se faça Justiça. Depois descupe a minha ausência. Minha mãe que tem 82 anos e é paraplégica desde os 57 por culpa de três AVC, esteve muito mal. Graças a Deus parece que tudo voltou ao normal, mas foram dias muito difíceis.
Relativamente ao seu post, eu penso que as pesoas devem manter os dialectos que foram de seus avós, para perservarem a sua identidade. Mesmo que a nivel oficial empreguem outra lingua.
Um abraço e UM SANTO NATAL.
Beijinhos para o Leo

 
At 20/12/2007, 20:38 , Anonymous peke said...

Felices festas e un felicísimo 2008 para os tres.

 
At 23/12/2007, 20:10 , Blogger torredebabel said...

os nenos pequenos reflicten no seu comportamento e na sua alma o que teñen na casa, o que os seus pais son. Ten sorte Leo de ter pais coma vós. Boas festas para el e para vós os dous! e moitas grazas por todo canto aprendo e me divirto neste blog!!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home