leoeosseus

martes, 4 de decembro de 2007

Descubrindo muiños

Onte dispoñía dun par de horas e decidín ir buscar zarrotas que foi o nome que aprendín para un tipo de cogomelos que xa comía o meu bisavó cando ía ás feiras de gando e botaba camiñando varios días e tiña que comer do que topaba polo camiño.
Bueno, que fun buscar zarrotas a un par de sitios que teño xa controlados e que non había nin a primeira. Así que ía dar volta co coche e mirei un cartel de muiños e parei. Víanse dous dende a estrada pero logo había máis nunha paraxe de postal de outono. Logo descubrín outro cartel e desta volta contei ata nove muiños aproveitando un regato costento. Todos estes muiños están restaurados pero non os traballa ninguén. Están a morrer como morren os fentos a medida que se aproxima o inverno. Lei de vida.

Etiquetas: ,

13 comentarios:

Ás 05/12/07, 00:46 , Blogger oko dixo...

hai un par de anos descubrín que miña nai ten dereito a unhas horas de moer á semana nun muíño. e eu, que nin sequera fun velo nunca...

 
Ás 05/12/07, 10:38 , Blogger Veloso dixo...

Cando queiras, quedas convidado a
http://nalinguagalega.blogspot.com/
É un novo proxectiño que boto a andar. Non sei que sairá de aí, por iso confío nas achegas que poidades facer todos os amigos do blogomillo. Un saúdo.

 
Ás 05/12/07, 11:21 , Blogger Alexan dixo...

Que fermosos cores de outono. Anacos fermosos da natureza perdida polos que vivimos en cidades-carceres.
Os cogomelos, non tiveron auga suficiente este ano e por iso escasean.
Unha aperta

 
Ás 05/12/07, 11:28 , Anonymous Anónimo dixo...

Nalgúns concellos existen programas de rehabilitación de muiños moi interesantes. Dende manter a estructura orixinal para visitas escolares, ata convertilos en vivendas para mozos ou en casas de turismo rural. O importante e rescatalos da ruina.

Bo día.

 
Ás 05/12/07, 18:04 , Blogger Berta Helena dixo...

É uma pena. Estão tão bonitos na fotografia. Mas esse caso que contas vai acontecendo por todo o lado, infelizmente. É a História de todos nós que se vai perdendo. Também por cá.

Um abraço.

 
Ás 05/12/07, 21:35 , Blogger Pau dixo...

Disque este non é ano de cogumelos, e lóxico con está sequia

 
Ás 05/12/07, 22:11 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Pola zona de Pontevedra sei que están a restaurar varios muíños en distintos concellos, e incluso nalgún fan a Festa do Muíño... Pero seica non ten moito éxito... Unha mágoa.
No Carballiño creo lembrar que había un restaurado que converteran en bar, e estaba moi ben.

 
Ás 06/12/07, 00:52 , Blogger busto.agolada dixo...

Polo menos están restaurados, iso aínda garante unha espera namentres xurden ideas para o seu uso. Eu aprendín co proxecto de restauración dos Pendellos que se se quere conservar algo hai que lle dar uso. Restaurar para usar. E cos muíños sempre se me ocorre que se lles podería poñer unha pequena turbina ben camuflada no seu interior e cableada subterráneo que non alterase o entorno dos muíños e producir enerxía barata e renovable. Ou bares, ou merendeiros, ou refuxios, ou habitáculos de turismo, o sedes de agrupacións (pescadores, cazadores, clubs, etc). Crear un patrimonio vivo.
Gústanme os muíños que nos presentas na foto.
Apertas.

 
Ás 06/12/07, 10:21 , Anonymous Anónimo dixo...

Os muiños desa foto estan en Chenlo ou preto? penso que son os que comenzamos a restaurar cando fixen o cursillo de carpinteria pola Xunta, se non son parecese moito o sitio, se son os que penso seguindo a carretera estan outros que son moito mais fermosos, polo menos dos catro sitios nos que estabamos a restaurar eran os que mais me gustaban.Inda que imaxino que todos seran mais ou menos iguais, foi unha boa experiencia, ademais de aprender cousas novas resulta moi gratificante traballar rodeado de natureza, co son da auga e respirando aire limpo.E unha pena que non se faga mais por conservar esas cousas, penso que non custa tanto...

 
Ás 06/12/07, 13:15 , Blogger Raposo dixo...

Este non é ano de zarrotas, meu.
¿Pódesnos decir onde están os muiños eses? As fotos preciosas.

 
Ás 06/12/07, 17:43 , Blogger Fada Branca dixo...

unha preguntiña, o meu blog deuselle por ser americano, apareceme en inglés, por exemplo o de ver o meu perfil completo ou o de posted by: Fada Branca. Tento poñelo en castelén e nada, tento poñelo en portugués e aínda menos ¿sabes de que pode ser, refirome a se é unha cousa xeral? gracias

 
Ás 06/12/07, 21:22 , Blogger Aurora Cascudo Román dixo...

eu teño outra pregunta..os muíños podes decir onde están? preguntaban si están en chelo...?
están?
:-)
moitas veces fun pasear por aí e non os vin.
un bico!

 
Ás 07/12/07, 12:08 , Blogger paideleo dixo...

Os muiños retratados están en Pontellas e visitei estes e os de Mosende. Todos no concello do Porriño como ben descubriu Chelo.
O dos textos en inglés, Fada Branca, non sei a que será debido. De cando en vez os de Blogger fan cambios e non teño nin idea de como cambialos. Eu xa teño o blogo en inglés por herdanza norteamericana.

Graciñas a todos polos comentarios e alédome de que vos gustasen as fotos e o texto.
Tamén desexo sorte a Veloso co proxecto que vai sacar adiante.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio