leoeosseus

Saturday, 17 November 2007

Magosto e pincha

Aproveitamos este novembro seco de máis para ir ó monte e asar chourizos e castañas en boa compaña. E despóis da sobremesa houbo unha partida de pincha, nome polo que se coñece a billarda por esta zona. Este xogo ten varios nomes como cachiza pola zona de Tomiño, escanícula en Redondela, lipe en Marín, etc, etc. Só faltou no magosto enfarruscar a cara coas cinsas da fogueira. Quedará para o ano que vén...

Labels: ,

18 Comments:

At 18/11/2007, 00:12 , Anonymous paidovento said...

Xa sabía eu que habías colgar esa foto. A que van pensar que fomos ao mesmo magosto?

 
At 18/11/2007, 11:15 , Blogger X said...

Que envexa!

 
At 18/11/2007, 13:23 , Blogger Fada Branca said...

que ven o pasastes ¿non?

 
At 18/11/2007, 15:36 , Blogger Peke said...

Magosto sen manchar a cara é menos magosto. ;)

 
At 18/11/2007, 17:48 , Blogger Pau said...

Pois precisamente comenza hoxe na Coruña a liga noroeste de bilarda.

 
At 18/11/2007, 19:12 , Blogger ictioscopio said...

eu quero reivindicar a palabra "cachiça" para ese xogo :D

 
At 18/11/2007, 19:33 , Blogger Marinha de Allegue said...

As castañas non me gusta moito comelas pero o cheiro mentras se asan encántame...

Unha aperta nun Domingo frío e chuvioso.
:)

 
At 18/11/2007, 21:29 , Blogger busto.agolada said...

Que perdure a saudable tradicións dos magostos: Por certo, o nome magosto si está completamente aceptado en todas as zonas de Galicia.
O xogo da billarda si que recibe ben nomes diferentes. Algúns dos que pós non os coñezo. Aquí dicísmoslle billarda ou estornela. E ben tempo hai que non xogo.
Moitos saúdos.

 
At 18/11/2007, 21:35 , Blogger paideleo said...

Bueno, en Arbo magosto é magusto pero xa sabemos que Arbo está máis cerca de Portugal que de España.

 
At 19/11/2007, 12:16 , Anonymous O Raposo said...

Eu probeinas este finde por primeira vez este ano. Que boas estaban, meu!!!

 
At 19/11/2007, 15:16 , Blogger An said...

espero que o pasarades ben :) Un saudo e unha aperta :)

 
At 19/11/2007, 17:14 , Blogger abueloscrisytoño said...

Da gusto ver ese lume.

 
At 19/11/2007, 18:53 , Blogger TXARI said...

enveja de magostos e de chuvias, que seica jà vos van cheghando tambén...

 
At 19/11/2007, 19:48 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Pois eu tamén fixen un magostiño na compaña de amigos, primos e fillos de todos os que nos xuntamos, asamos chourizos e panceta, e por suposto castañas que estaban boísimas. Agora quédame comer burgazos (castañas cocidas) que me encantan pero que dan moito traballo porque as hai que pelar crúas.
Un saudiño.

 
At 19/11/2007, 21:22 , Anonymous jan said...

A min pásame como a Pícara, chíflame o cheiro das castañas pero non gosto delas, cousa rara, verdade...?

E o máis peor aínda, tampoco me gusta o chourizo, e iso que non son moi prepunatiña para comere, pero en fin...Cousas que ten a vida!

 
At 19/11/2007, 22:51 , Blogger Suso Lista said...

Aquí chamamosle xogar a villa ou o palán. Posiblemente fagamos pro ano un equipo e inscribiremonos na Liga Galega. Anímovos a facer o mismo.

 
At 19/11/2007, 23:19 , Blogger elvira carvalho said...

Magusto nós costumamos fazer no dia de S. Martinho.
Um abraço e uma óptima semana

 
At 25/11/2007, 09:48 , Anonymous ghanito said...

Que ben, xa temos con quen contar para montar a conferencia suroeste da Liga Nacional de Billarda. :-)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home