leoeosseus

Friday, 2 November 2007

Lembranza da aldea



Onte visitei terras da miña infancia nas vacacións. Tras esa porta durmía eu co meu irmán nunha cama cun colchón de lá que se afundía. O chan de madeira renxía por nada e o aire e ruidos corrían polo teito e o tellado. O sol entraba polo cristal de mañá e o bruar das vacas e o ornear do burro daban os bos días. Fóra estaba a zofaina para lavar a cara polas mañás e embaixo estaba a corte das vacas onde se " obraba " ( facer as necesidades ) e logo iamos á cociña a almorzar leite recén munxido.

Con poucas cousas e aire limpo eramos felices e pasabamos o tempo. Agora imaxinar en repetir isto mete preguiza e reparo pero de pequeno era unha aventura que quedou marcada a ferro para sempre.

Labels: , ,

12 Comments:

At 03/11/2007, 01:12 , Blogger O Breogán de Gáidil said...

Non imaxino aos nenos dagora disfrutando dese tipo de aventuras... Os tempos cambian, o que non teño claro é en qué aspectos cambian a mellor ou a peor.

 
At 03/11/2007, 10:41 , Blogger oooNOEooo said...

Aos nenos dagora sóltalos nunha aldea e aos tres segundos están a berrar pola PSP, DS ou similar. Non saben xogar. Eu non nacín nunha aldea (ainda que tampouco nunha cidade), pero si que teño familia por Lugo e Padrón con casiñas así e vacas, pitas, coellos, patos,cans por todas partes. Dende que nacín ata máis ou menos os 12 anos, iamos todos os fines de semana a Padrón, e miña prima e máis eu, cuns paus e un par de potas vellas xogabamos toda a tarde ¡vaia recordos! chagabamos de terra e demáis cousas ata as orellas!! e as carreiras polos campos de millo, e recoller cucharillas nos regatos para metelas nun bote...
De onde eu son, con 12 anos pouco menos que xa saen ao botellón os sábados as 3 da mañán... os tempos cambian...

 
At 03/11/2007, 15:29 , Anonymous peke said...

Fermosos recordos.

 
At 03/11/2007, 17:54 , Blogger Fada Branca said...

con que pouquiño somos felices cando somos pequenos

 
At 03/11/2007, 21:17 , Blogger Pau said...

Coincido totalmente con Breogan, as cousas mudan, pero moitas non me croe que señan para millor

 
At 03/11/2007, 23:20 , Blogger Nébeda said...

e, sen que Leo se entere, non che entrou un pouquichiño de nostalxia e de ganas de voltar a eses anos?

 
At 04/11/2007, 11:39 , Blogger elvira carvalho said...

E sabe uma coisa. Custa a crer que passámos por todas estas coisas, nesta era em que tudo existe.
Quando o meu filho tinha 6 anos adorava estórias e todas as noites eu lhe contava uma estória antes de ele adormecer. Uma noite quando me preparava para lhe contar mais uma vez a estória do gato das botas, ele disse-me: Não mãe, conta antes aquela estória de viveres num barracão de madeira e tomares banho na celha, e não saberes o que era um rádio, ou uma T.V.
E nesse momento dei-me conta de que para ele, era inconcebível que aquilo fosse autêntico. Para ele era mais uma estória igual á da gata borralheira.
Bom Domingo
Um abraço

 
At 04/11/2007, 19:13 , Blogger vermella said...

Fermosísimos recordos que me traes,eu de pequena estiven varias veces vivindo lonxe da tele e dos xoguetes(que por aquel tempo eran manuais ou pouco mecanizados)e pasabao xenial,xogaba ca terra,nos cabazos,cazaba ras e ata montaba nun precioso cabalo chamado "rubio".
saudos

 
At 04/11/2007, 23:14 , Blogger abueloscrisytoño said...

Mi abuela para decir boy al baño decía (obrar)
El agua esta templada (morne)
A diario (a cotío)..y tantas cosas que entonces no aprendí porque no lo practique y si alguna vez lo intentaba me lo corregían con un ¡habla bien! Las consecuencias para los niños de entonces fueron; Falamos Galego pero no hay quien lo escriba, en el cole no era bien visto. A. Cris

 
At 05/11/2007, 01:25 , Blogger torredebabel said...

quen nos dera, paideleo, non perder nunca xamais esa capacidade de disfrutar da vida. Quen nola dera!!!

 
At 07/11/2007, 17:52 , Blogger Zeltia said...

paideleo: nunca saberás o adentro que me chegaches!, foi como un lostrego que me levou de súpeto tan lonxe tan lonxe que aínda eu tiña que rubir as escaleiras do faiado da man de miña nai. Miro para a túa ventana, e véxome nela ollando para fora vendoo todo branquiño de xiada. O alento afumando o ar frio, as mans frias, a leña fria que ó pouco chisporrotea, prende o lume e a cociña de ferro quenta a cociña, botase o leite que veu ainda morno das ubres, i os calcetins de lá que fixo a aboa amorniñan os pes con sabañons...
¡Eiche dar un pau por porme así de lonxana do tempo de agora mesmo, que ó fin eche o unico que teño!

 
At 08/11/2007, 00:48 , Blogger bouzafria said...

Os soños da noite - polo menos os meus - remítennos aos lugares da infancia. E as paisaxes e os cheiros son inesquecibles.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home