leoeosseus

Tuesday, 27 November 2007

Catorce meses



O Leo fixo hoxe os catorce meses. Camiña agarrando unha man dun adulto ou agarrado a un dedo e exprémeos con forza. Aínda ten medo a soltarse a andar só pero calquera día sóltase. Iso si, agataña máis rápido ca un adulto e gústalle explorar. No falar segue sen dicir palabras aparte de " mamamama " e " papapapa " e non sempre. Dorme bastante ben en xeral e tamén come ben e aínda toma teta. Xoga co pan e chucha as patacas fritidas pero hai que darllo que el non os colle para comer. Ten oito dentes e bastante forza e xenio e encomódase se lle din que non a algo que quere facer ou tocar. Gústalle xogar e falar só e encántalle prender a televisión. Tamén baila movendo o cu con cancións. No baño protesta cando lle botan auga pola cabeza e hai veces que é unha pelexa poder mudarlle o cueiro.

Vamos, que o Leo segue indo para adiante ó seu ritmo.

Labels:

16 Comments:

At 27/11/2007, 22:59 , Blogger oko said...

que riquiño!!!
e que siga así!

 
At 28/11/2007, 00:47 , Blogger busto.agolada said...

Dá gusto velo e saber cómo progresa. E xa sabe facer ben cousas!
Dálle un biquiño.

 
At 28/11/2007, 08:21 , Anonymous jan said...

Está máis feito que as pesetas!!! Dá gustiño velo! Unha apreta moi grande e que se siga criando tan ben!

 
At 28/11/2007, 10:07 , Anonymous peke said...

Está superlindo. Chámame a atención que aínda tome teta. Iso era frecuente hai corenta anos, pero hoxe en día é unha excepción. Biquiños aos tres.

 
At 28/11/2007, 12:56 , Blogger Vanessa de Santiso said...

Penso que lle mudou o xesto dende a última foto, non? vaille cambiando a cara, claro. Que bo que aínda mame! Seica é a base de moitas cousas.
Apertas

 
At 28/11/2007, 13:42 , Blogger elvira carvalho said...

Que lindo que está. Dá gosto de olhar o ar feliz que aparenta.
Um abraço

 
At 28/11/2007, 23:55 , Blogger abueloscrisytoño said...

E Leo non morde cando mama?

 
At 29/11/2007, 22:08 , Blogger Pau said...

Mira que é riquiño o cativo

 
At 29/11/2007, 23:30 , Blogger Kaplan said...

pero este cabaleiro é o leo...?! vaia vaia... está todo un home!

 
At 30/11/2007, 01:11 , Blogger torredebabel said...

eu, coma sempre, penso que o mérito é dos nenos e dos pais, nun 50% para cada un. E se van os parabens para o guapo do neno, terán que ti tamén para os pais: noraboa!

 
At 30/11/2007, 01:45 , Blogger mamiago said...

Da gusto miralo, e que boiño e para posar.

 
At 30/11/2007, 13:36 , Blogger Nemeth said...

ai que cousa más ben feita! :D

que ben se presta á foto :D

 
At 02/12/2007, 12:42 , Blogger Torreira said...

Este rapaz si que é unha regalia.Apertas pai

 
At 04/12/2007, 01:59 , Blogger Dorvisou said...

Estaba eu pensando que nesa casa hai amor para criar máis fillos. Sería unha pena que non viñeran máis nenos así. Semente desa caste agradeceríao moito o mundo, nenos felices na súa crianza, homes de proveito no futuro.
Apertas, Pedro e familia.

 
At 05/12/2007, 18:18 , Blogger crispress said...

Guapo!

 
At 10/12/2007, 20:17 , Blogger rifenha said...

Qué lindo tá o Leo...! Havia tempo que não o mirava...
Quanto medrou!
E, mentras tanto, eu, a ve-las vir...
Biquinhos para o meninho. Que vaia arriba e os pais que o vejam...

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home