leoeosseus

Thursday, 18 October 2007

Tenda antiga


Nos paseos polo centro de Vilaguindastre ( que agora semella a rúa do Príncipe de Vigo cun violinista e todo o outro día ) paso por diante desta tenda antiga que apenas ten clientes. O dono está casado cunha cornuallesa. No escaparate hai unha colección de licores con carteis de hai vinte e trinta anos. Dáme mágoa non coñecer máis desa familia que pode dar para máis dun conto.

Labels:

16 Comments:

At 19/10/2007, 00:07 , Blogger abueloscrisytoño said...

Entra e pregunta.

 
At 19/10/2007, 10:55 , Anonymous peke said...

Iso, entra e pregunta. Non te cortes, sobre todo se levas contigo a Leo.

 
At 19/10/2007, 15:10 , Blogger vermella said...

Esas tendas de todo,papel hixiénico e licores.
pregunte que eu son moi curiosa.
saúdos,

 
At 19/10/2007, 15:59 , Blogger crispress said...

Pois merca algo e despois pregunta, que de blogheiro a xornalista hai un na!!

 
At 19/10/2007, 16:18 , Blogger A elfiña dos soños said...

Pois vaia, que rabia que teña pouca clienteira... pode ser interesante. kiños

 
At 19/10/2007, 18:28 , Blogger Fada Branca said...

as tendas así xa non abondan hoxe en día. Se queres saber, pregunta.

 
At 19/10/2007, 22:23 , Blogger APÁTRIDA said...

Dame a impresión que vas acabar por entrar e así poderas contarnos a nos ea Leo, fermosas lendas.
Quedamos a espera.
Unha aperta

 
At 20/10/2007, 20:28 , Blogger elvira carvalho said...

Parece uma daquelas lojas que havia antes de aparecerem os grandes hipermercados. Que vendiam tudo. Desde a fralda ao detergente prá máquina,ou do bacalhau ás sasichas, tudo se encontrava nessas pequenas lojas. A maior parte deles, tinham um livro - o rol - onde assentavam durante a semana o que o freguês levava, e este ia depois no sábado pagar a despesa da semana.
Um abraço e bom fim de semana

 
At 20/10/2007, 20:36 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Tes que entrar e preguntar, porque agora quedamos coa intriga e coa fame de historias insólitos ou non, pero seguro que interesantes.
saudiños.

 
At 20/10/2007, 21:16 , Blogger O Raposo said...

Pois entra e pregunta se che venden unha botella desas da colección.
Diranche que non, pero xa tes un fio para principiar a conversa.
E despois cóntalo aqui.

 
At 21/10/2007, 12:13 , Blogger Pau said...

xa poucas tendas de isas quedan. Esas que antaño eran o centro de reunion da vila, dende fruteria a bar, dende lexivia a fariña

 
At 21/10/2007, 16:53 , Blogger moucho branco said...

Semella que aí hai material para un conto corto ao mellor estilo da tradición galega.... a que agardas para documentarte e escribilo?, ;)

 
At 21/10/2007, 20:35 , Blogger mamiago said...

pois vas a ter que entrar por reclamo popular...

 
At 21/10/2007, 21:56 , Anonymous jan said...

As grandes superficies rematan con estas pequenas tendas, é o que ten a globalización, non?

 
At 21/10/2007, 23:59 , Anonymous beatriz said...

non che fai falta coñecer... imaxina, constrúe, invéntalles un mundo, seguro que agradecen vivir máis vidas, as súas e as soñadas, e senón é o caso, mentres fabulas es ti quen tes a posibilidade de respirar un tempo diferente.

 
At 23/10/2007, 15:59 , Blogger torredebabel said...

sinto especial fascinación polas tendas que sobreviven, valentes e heroicas, ao modernismo. Gustanme aquí algunhas farmacias, bares e almacéns de ultramarinos que se atopan ainda. É como dis, de seguro cada unha delas gardan historias fascinantes...

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home