leoeosseus

Saturday, 27 October 2007

Trece meses



Hoxe o Leíño fai os trece meses de vida. Aínda non fala e adica días a distintas cantinelas. Hai dúas semanas dicía " coricó " sempre. A semana pasada estaba " gogui, gogui " e agora está cambiando de palabra. Camiña agarrado dunha man e o outro día quedou dous segundos de pé sen apoiarse mirando unha flor. Calquera día destes bótase a andar. En canto á dentición dicir que segue cos seus sete magníficos pero que andan dando a tabarra os outros. Come ben e aínda chupa teta. Leva uns días repugnantiño para comer pero é por mor dos dentes. Tamén durmía ben el só no seu cuarto pero hai veces que a dor dos dentes é grande e chora desconsolado.

E deixo aquí unha minipelícula dun protagonista tamén chamado Leo.

Labels:

14 Comments:

At 28/10/2007, 12:58 , Blogger rosa enriquez said...

O Leo pequeno é ben chulo¡ Gústanme eses dous dentiños que se lle ven ao rir. Tes que estar ben contento gran Leo¡
Por certo o vídeo sobre as concentracións agropecuarias é BOÍSIMO. Bicos para todos:)))

 
At 28/10/2007, 15:53 , Blogger Fada Branca said...

Felicidades Leiño por esos 13 meses, Xa verás que emocionante cando se vota a andar. Bicos

 
At 28/10/2007, 21:35 , Blogger O Breogán de Gáidil said...

Trece xa, como corre o tempo. Cada día está máis grande este neno!

 
At 29/10/2007, 00:01 , Blogger elvira carvalho said...

O Leo está lindo. Parabéns por ele.
Deus lhe ajude a fazer dele um homem feliz.
Acabei de mandar para ele a canção infantil de que lhe tinha falado.
Um abraço e boa semana

 
At 29/10/2007, 08:01 , Blogger r.r. said...

¡Estea atento, que dun día para outro apréndeno todo!

 
At 29/10/2007, 12:01 , Anonymous peke said...

Que feliz se lle ve!

 
At 29/10/2007, 13:51 , Blogger A rapaza do arco said...

Debe ser espectacular ver todo ese proceso, tan lento e rápido ao mesmo tempo. O pequeno Leo está realmente lindo :D eu xa babeo tan só vendo a roupiña de bebé, tes que estar encantado.

 
At 29/10/2007, 14:10 , Blogger Veloso said...

Xa non lle falta nada para camiñar. A miña afillada, que naceu o mesmo día que Leo, tamén está a piques de se soltar, pero aínda non se atreve a dar ese primeiro pasiño.
Por certo, en relación a Orzowei, direiche que era un personaxe que me caía moi mal. Eu sempre fun fan de Mazinger.

 
At 29/10/2007, 18:05 , Blogger Mar e Lúa said...

Pero que guapo está o Leo!! Xa veredes cando se solte, seguro que vai ser un terremoto! Que siga a crecer así de sano e contento :)

Por certo, moi chulo o video...

 
At 29/10/2007, 18:13 , Blogger vermella said...

Que envexa de neno,nese tempo é cando están máis interesados por todo e os pais máis ocupados........
que creza moi feliz( que xa se lle ve).
apertas.

 
At 29/10/2007, 19:49 , Anonymous jan said...

Parabéns para o Leo, dá xenio velo...

O vídeo mete medo, pero a verdade é que ben sabemos que os animais viven así. Só hai que ver como van nos camións...

 
At 29/10/2007, 21:35 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

O Leo está ben bonitiño, calqueira día bota a andar e deixavos pasmados, a nos pasounos co primeiro fillo, un bo día levantouse agarradiño a unha mesa e púxose a andar como si fose o maís normal. É o que teñen os nenos, nunca deixan de sorprendernos. O vídeo mete medo, pero é moi real, como di Jan tod@s vimos moitas veces os camións nos que os transportan.
saúdos.

 
At 29/10/2007, 21:58 , Blogger Suso Lista said...

Non tarda en ir de botellón, je je. Está ghuapismo.

 
At 29/10/2007, 21:59 , Blogger paideleo said...

Graciñas polos vosos comentarios.
É bonito ver medrar e cambiar a un fillo e hai que gardar esas imaxes na memoria e no corazón.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home