leoeosseus

Thursday, 25 October 2007

Orzowei


Hai un compañeiro na Torredocamiño que lle chamamos Orzowei. Cando era novo dicía que cazaba parrulos ó vó nas gándaras veciñas. Eu xa o mirei cun cazapo agarrado polas orellas e sentado na carretilla que atrapou á carreira, disque. Tamén di que chega nun cuarto de hora camiñando da súa casa ó choio e son uns dous quilómetros de distancia.
Gústanme as cousas que conta que supoño esaxeradas e hoxe fíxome rir cando falaba dunha cousa que lle contou a un encargado xa xubilado. Díxolle que había un traballador que dicía que a muller do encargado era unha " tamanqueira " e que dicía que o encargado non valía para nada, que era un " obstácOlo ".
En fin, miudezas da cotiandade.

Labels: ,

10 Comments:

At 26/10/2007, 00:16 , Blogger mueja said...

tamanqueira?
Sinto ten faltado as últimas entradas. Vexo que se mantén o nivel.

 
At 26/10/2007, 11:11 , Blogger Peke said...

Tamanqueira? Iso que é?

 
At 26/10/2007, 13:30 , Blogger A rapaza do arco said...

Pois eu tampouco sei o que significa "tamanqueira" pero, así collido no aire, case semella un insulto.

Algo esaxerado si parece pero eu de nena tiña un amigo na aldea que facía auténticos imposíbeis, que ninguén lle crería hoxe :)

 
At 26/10/2007, 16:38 , Blogger Fada Branca said...

Un pouquechiño esaxerado será pero a palabras trabucar trabucaas

 
At 26/10/2007, 21:40 , Blogger Aurora said...

hola paideleo!
encantoume que deixaras a tua pegada no meu blog, porque así coñecín este que é ben interesante, e si mo permites, enlazarei.
Teño ainda moito que leer por aquí ...así que irei pouco a pouquiño.
Eu tiven un pixama do Orzowei, jaja, e non recordaba xa cómo era o cativo este
bueno, un bico, e até pronto!
volve cando queiras, si?
:-)

 
At 26/10/2007, 23:09 , Blogger Suso Lista said...

O mundo estache cheo de ostácolos

 
At 26/10/2007, 23:22 , Anonymous hormiga said...

Eu tiven un libro con fotos da serie e a historia do Orzowei. O único que lembro agora é a música de inicio da seire e que de pequena pensaba como merda se podía andar a correr pola selva descalzo sen ferirse os pés.

 
At 27/10/2007, 03:11 , Blogger TXARI said...

jajaja, rouboume suso o comentário...efectivamente o mundo está cheo de obstácolos...jajajaja

 
At 27/10/2007, 11:15 , Blogger paideleo said...

Pois tamanqueira é unha muller que usa tamancas ou zocas e, por extensión, supoño que quererá dicir que é unha muller sen estilo e sen cultura. Orzowei dío coma se fose un gran insulto pero el daralle unha connotación máis negativa ca nós ao coñecer esa palabra e asociala a unha idea.
O de obstácolo ten a súa gracia e non precisamente pola súa mala pronuncia senón polo emprego desa palabra tan sonora e tan atinada.

Graciñas polos comentarios.

 
At 27/10/2007, 15:03 , Blogger elvira carvalho said...

Bom, não sei se tem o mesmo significado que em Portugal. Cá tamanqueiro/a é a pessoa que faz tamancos. Tamancos são uma espécie de calçado grosseiro, feito de madeira por baixo e couro por cima.
Aqueles "sapatinhos" que as senhoras usavam antigamente nos ranchos folclóricos.
Bom fim de semana
Um abraço

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home