leoeosseus

Tuesday, 18 September 2007

O camioneiro feliz



O outro día carguei o meu primeiro camión de pienso. Tiven a grandísima sorte de cargar o camión de " Ghai ", un home tranquilo e feliz que fai honra ó seu apelido. Porque " Ghai " non vén de Jaime nin Jaimito senón de Gay, un apelido galego non mui frecuente que no caso deste camioneiro concorda co primeiro significado de " gay " en inglés: alegre... Cousas da gheada e do inglés.

A foto é roubada na arañeira. Non teño fotos do tal camioneiro.

Labels: ,

11 Comments:

At 19/09/2007, 00:01 , Blogger abueloscrisytoño said...

Ainda non nos dera tempo a acabar a entrada no blog e xa ten o teu comentario... Graciñas

 
At 19/09/2007, 00:33 , Blogger O Raposo said...

De tódolos xeitos o da foto tamén parece un tipo simpático.

 
At 19/09/2007, 00:39 , Anonymous paidovento said...

Éche ben curioso. O que non sei é a a orixe do tal "Gay", quizais teña que ver co apelido "Gayón" ou "Gayoso", non sei...

 
At 19/09/2007, 01:18 , Blogger TXARI said...

preghunta inocente (dame reparo que me digas que é moi obvia!): que fai o camioneiro namentres ti lhe enches de pienso o camión? descansa? ajuda? come?...por curiosidade....

 
At 19/09/2007, 01:56 , Blogger torredebabel said...

pois ainda rexeitando as ideas de Lombroso, o camioneiro da foto semella moi alegre tamén!

 
At 19/09/2007, 02:13 , Blogger Arale Norimaki said...

pois a ver se han de ser galegos os que destilan o misterioso ron "Mount Gay", omnipresente nos poucos bares qeu visitei por eiqui...

 
At 19/09/2007, 08:52 , Anonymous náufrago said...

Por iso Nietzsche, que escribiu unha obra titulada "O Gay Saber", agora ve a súa obra traducida co título "La sabiduría jovial".

 
At 19/09/2007, 16:11 , Blogger Fada Branca said...

Tivo que acusarche impresión para que queras que non tamén que o coñezamos, ainda que sexa por medio dunha foto emprestada

 
At 19/09/2007, 21:18 , Blogger APATRIDA said...

Polo que se ve disfrutas no teu traballo, ademais permiteche coñecer a moitas e variadas persoas, das que aprendemos moitas palabras e oficios, nalgun caso desconocidas polo menos para min.
Un saúdo

 
At 19/09/2007, 22:05 , Blogger Suso Lista said...

Pois ese camionero ten toda a pinta de gay (alegre, a pesar de de ser ianqui.

 
At 21/09/2007, 00:19 , Blogger paideleo said...

De nada, abueloscrisytoño.
Paidovento: non sei a orixe do apelido Gay pero podería ter relación co Gayoso e Gayán. Quen sabe ?.
Txari: os camioneiros normalmente vixían a manobra e indican se vas mal ou ben e como queren a carga. Uns son máis esixentes e non lles vale nada e outros deixan facer.
torredebabel: as apariencias hai veces que atinan pero non quere dicir que Lombroso estivese atinado coas súas teorías.
arale: ó millor os galegos tamén bautizaron o bombardeiro Enola Gay. Nunca o saberemos.
Na época de Nietzsche gay só tiña o significado que ben indicas, náufrago.
fada branca: máis que impresión foi alegría empezar cun camioneiro tan tranquilo e comprensivo. Este posteo vai por el.
apátrida: eu procuro aprender que para iso estou vivo e quédame muitiiiiiísimo por aprender.
suso: os americanos son xente normal, un pouco distinta de nós pero non tan raros e hai de todo.

Graciñas a todos polos comentarios.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home