leoeosseus

Thursday, 20 September 2007

O conto dos rabos dos cans



Levo un tempiño traballando polas mañás e xa non saco a Colín con Leo a iso das nove da mañá. Colín adícase a cheirar por aquí e alá e o Leo observa o mundo dende o cochiño. Hai veces que se acercan outros cans a Colín e seguen sempre a mesma pauta: poñense a cheirarse o cu. O Leo vai medrar e un día empezará co esas preguntas curiosas dos nenos e quererá saber porque os cans andan a cheirar os cus dos outros. Nese momento terei que contarlle o conto que aprendín hai tempo.

Resulta que tódolos cans do mundo tiñan unha reunión mui importante nun palacio. Como ían estar apretados ordearon colgar os rabos na percha da entrada que xa se recollerían á saída. E no momento que estaban todos reunidos tranquilamente soou a alarma de que había un lume e alá fuxiron todos collendo o primeiro rabo que lles caía a xeito. Pasou o tempo e agora cando un can mira outro polo camiño acércase a verlle o rabo se é o seu que deixara pendurado. E así están na busca eterna do rabo deixado no palacio.

Bueno, o motivo é outro pero queda máis bonito se se conta en forma de conto, non é ?.

Labels: , ,

9 Comments:

At 21/09/2007, 00:39 , Blogger A elfiña dos soños said...

pareza ou non, para min é un bo conto, agora esta pequena elfiña sabe algo máis...

 
At 21/09/2007, 00:52 , Blogger mamiago said...

non sabía eu ese conto...

 
At 21/09/2007, 10:22 , Anonymous peke said...

Así como estaba lendo veume á memoria que un día eu soubera ese conto. Que ben que mo lembraches!

 
At 21/09/2007, 15:43 , Blogger Laurindinha said...

Que bonito conto, lembrareino para cando eu teña algún neno a quen contarllo!!!
Pronto será o aniversario de Leo! Biquiños para os dous.

 
At 21/09/2007, 20:52 , Blogger APÁTRIDA said...

Afortunadamente hai moitas maneiras de interpretar a realidade.
Verdadeiramente, este conto queda bonito

 
At 22/09/2007, 09:42 , Blogger abueloscrisytoño said...

Colgar os rabos na percha da entrada... !CHULISIMO!

 
At 22/09/2007, 13:19 , Blogger Fada Branca said...

Encantoume ler este conto, é un bo comezo para cando comeze a preguntar, o demais xa se verá

 
At 26/09/2007, 01:35 , Blogger torredebabel said...

non sempre, non sempre meu amigo. So queda máis bonito cando o conto é contado por alguén con talento coma ti.

 
At 03/10/2007, 19:08 , Blogger Silvana said...

Non coñecía este conto, pero está xenial para explicar o asunto.

Un saúdo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home