leoeosseus

luns, 3 de setembro de 2007

Premio concedido por mueja







A imaxe de arriba mostra unha moega ( muegha por esta zona de Galicia ) que é o que me vén á mente cada vez que visito o blogo de mueja. Pois resulta que o tal blogueiro me concedeu un premio, simbólico pero premio á fin. Os meus méritos segundo el ?: escribir historias divertidas, recordos e cousas curiosas da vida na aldea. E eu quedo contento porque aparte de xente que me le hai xente que ata pensa en min para darme un premio. Detalles coma este ou coma correos que recibo, danme azos para seguir co este blogo. Agora eu tería que darlle o premio a outros sete blogos que me gusten, asunto este que me pon nun estado de indecisión mui frecuente en min e que recuso a facer.


Etiquetas: ,

11 comentarios:

Ás 04/09/07, 01:25 , Anonymous Anónimo dixo...

Non sabia que ese aparello se chama moega.O premio e merecido

 
Ás 04/09/07, 11:33 , Blogger Unknown dixo...

Na muña aldea a mueja e "artefacto" no que se pisan as uvas. Mais o meu nome fai referencia a unha famosa tribu rural.

 
Ás 04/09/07, 11:44 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Vim aqui para agradecer a visita ao Sexta-feira e a mensagem de parabéns.
Dei uma olhada por alguns posts e mae agradou muito o que escreve.
Crónicas do dia a dia, escritas com humor e muita relidade.
Gostei. Penso que o menino é muito precoce, e o pai muito menino para se entenderem tão bem eheheheh, ou talvez não.Para duas pessoas pessoas se entenderem basta que se amem.
Penso que o nosso amigo Mueja fez muito bem em atribuir-lhe o prémio.
Parabéns.
Para conhecer um pouco mais de Portugal, que tal um saltinho a www.artdecorativa.blogspot.com
Bjs

 
Ás 04/09/07, 11:49 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Onde se lê mae agradou, por favor leia me agradou. E onde se lê relidade, queria dizer realidade.
Peço desculpa pelas gralhas.
Bjs

 
Ás 04/09/07, 12:58 , Blogger David dixo...

Parabéns, o premio non podía ser para outro!!! Eu tampouco sabía o nome do aparello, este blogue é altamente educativo ;)
Saúdos!

 
Ás 04/09/07, 16:39 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns polo premio. :)

 
Ás 04/09/07, 21:04 , Blogger Pau dixo...

Tiña meu avo un parecido para moer millo.
Paraben polo premio

 
Ás 04/09/07, 23:13 , Blogger Suso Lista dixo...

Espero que polo premio non haia que poñer un uniforme como o de Millor Percebeiro do Universo,porque se é así, pra mín non mires. je je.

 
Ás 05/09/07, 14:58 , Anonymous Anónimo dixo...

Lin por casualidade o blog de Mueja fai uns diás e xa sabía o do premio. Noraboa, e segue así... Miña nai di que non sabe como atopas o tempo, e que agora que está nisto das NNTT sabe o esforzo que leva. Ten o móvil, cámara dixital novas e máis seu blog, e meu pai bromea con ela porque condunde todos os botóns. Son moitas cousas á vez pero sairá ben desta.

 
Ás 06/09/07, 19:51 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabéns polo premio!!

 
Ás 07/09/07, 02:15 , Blogger torredebabel dixo...

teño unha foto igual igual que fixen en Ourense. Coma é dos tempos nos que non había as cámaras dixitais, terei que scaneala para ensinala. E sobre o premio: Noraboa! todos cantos te dean han ser poucos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio