leoeosseus

Sunday, 2 September 2007

Bechos de Arbo



Cando imos a Arbo sempre aprendo cousas novas e palabras novas.
Estamos a fins de verán e os bechos voadores andan rabiosos e incordiantes. Todos coñecemos as moscas que son as típicas de sempre pero non é o único becho voador. Hai unha especie un pouco máis grande, de testa máis vermella e con catro raias ó longo do corpo. En Arbo chámanlle vareixa. Aparte diso hoxe unha especie de vespa traboulle nunha perna á avoaM e o bisavó Ricardo falou dun favo enorme que topara nunha casa que semellaba unha lampada. Busquei na interrede en imaxes esa palabra favo e saltáronme ós ollos imaxes en portugués e italiano. Favo resulta ser unha reliquia latina. Outra reliquia como cando a bisavoa Celia di que algo lle noce cando lle lastima.
E como estaba coa cazata de bechos tamén topei o percevexo que fede se o tripas. O tal percevexo non o daba topado e non sabía como dar con el. Matinei un pouco e escribín percevejo e logo nezara viridula e voilá.
E creo que xa falei abondo destes "amigos".

Labels: , ,

10 Comments:

At 03/09/2007, 00:57 , Anonymous Doutora Seymour said...

Vaia!!! veño de facer un pedido de mariposas na casa de Suso e atópome con máis bichos voadores. Ao percevexo eu teño escoitado chamarlle "feder", e a verdade é que coido que o nome vaille que nin pintado, nezara viridula semella un termo inofensivo de máis para o cheiro que bota.
Un saúdo.

 
At 03/09/2007, 01:08 , Anonymous paidovento said...

"vareixa" está recollido por Elixio Rivas Quintas como "mosca da carne" e "nocer", á parte deste recólleno moitos outros como "mancar, lastimar..."
Lémbrame que che pase o "Dicionario de dicionarios".

 
At 03/09/2007, 01:56 , Blogger torredebabel said...

aqui tamen as temos pero eu non teño idea de como se chaman. Prometo buscalo para engadilo aqui. Sempre aprendemos cousas contigo!!

 
At 03/09/2007, 07:59 , Blogger Mr Tichborne said...

compartimos o gusto por aprender palabras novas. Favo, nocer, percevexo, vareixa...
Os bechos verdes eses (feder ou percevexos) cheiran?

 
At 03/09/2007, 10:56 , Blogger mueja said...

Boas, o autoxiro anda repartindo premios. Algo lle caeu. Pode pasar a recollelo se gosta destas caralladas.

 
At 03/09/2007, 14:46 , Anonymous F. Miguez said...

Na miña casa, a eses "percevexos" sempre lle chamaron "zapateiros".
Puntualizo o de "sempre" para que non se deduza erróneamente unha connotación política, he he.

 
At 03/09/2007, 20:35 , Blogger dorvisou said...

¡Menudo legado o teu!
Non me sorprendería que un día tamén se che dera por inventar palabras :-)
Saúde e terra,

 
At 03/09/2007, 22:17 , Blogger TXARI said...

o idioma sí que é un becho vivo, umha ferramenta con partes latentes que só saen se se indaga!!! que bonito é o que nos une a oitros idiomas...

 
At 03/09/2007, 22:26 , Blogger Suso Lista said...

"Ferver os Percebes" Je je, pola costa hai moscas e moscardóns, que son os escaraellos de S.Xoan. Os pescos sabemos de peixes.

 
At 04/09/2007, 00:18 , Blogger busto.agolada said...

Sigo a prender termos novos contigo. Vese que na zona sur da provincia hai unha área dialectal con notables diferenzas respecto da miña. Velaí a riqueza desta nosa lingua.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home