leoeosseus

Thursday, 16 August 2007

Cabo Home, Costa Rica e dailyphotoblogs



Onte puidemos pasear cuns amigos polo cabo Home, onde remata a península do Morrazo. Á mañá parecía que ía chover todo o día pero abriu o bastante como para podermos pasear. Xantamos coa compaña dunha amiga costarricense profesora nos EEUU que nos falou dos hoteis pegadiños a volcáns con lava que ilumina a noite e as carretas de cores tan típicas dese país. Nós mostrámoslle este rincón da nosa costa con esa aldeíña de Donón asomada ó océano. Podes crerme ou non pero eu soñei co esa aldea antes de vela por primeira vez hai uns anos.



Tamén estes días, como está o blogomillo bastante parado, andei a visitar blogos de dailyphotoblogs con fotos máis que interesantes e daí que veñan comentarios en inglés e brasileiro.


Labels: , , ,

5 Comments:

At 16/08/2007, 23:53 , Blogger tukinha said...

Olas!! primeira en comentaR !!

jeje pos eu abrin o blog fai pouco pero non tnho moitas visitas a verdad... digo, comentarios.

grazas x pasarte polo meu ! a min molariame haber nacido en algun pais extranxeiro pa saber falar un idioma de fora perfectamente, eu solo sei falar galego, castelán e antes portuges, ome ahora tamn pero antes como iba sempre de vacacions ala pos dominabao guay pero ahora xa casi non...

xau ! bikos !!

 
At 17/08/2007, 04:22 , Blogger O Breogán de Gáidil said...

Hoteis pegados a volcáns...mmmm. Non sei eu se querería habitación con vistas, mimadriña...

 
At 17/08/2007, 22:25 , Blogger Nébeda said...

Cabo Home... preciosísimo. Igual algún día cadramos por alí. Un bico.

 
At 21/08/2007, 00:56 , Anonymous Anonymous said...

Pasámolo todos estupendo. Graciñas de parte da de Costa Rica pola compañía. Crispress

 
At 12/09/2007, 00:58 , Anonymous bea said...

alegrome de que che guste esta zona, eu vivo en donón e a verdade é que nunca me canso desa paisaxe.encántame.

un biko

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home