leoeosseus

Monday, 13 August 2007

Teste de intelixencia


O outro día fedellando pola arañeira adiante topei un sitio onde podes calcular o teu coeficiente de intelixencia ( IQ ). Fíxeno e non vou negar que levei unha desilusión pois conseguín 100 puntos que me deixa nun posto de intelixencia normaliña de todo. O teste está feito de corenta series de imaxes para completar en corenta minutos. As primeiras son fáciles pero despois complícase o asunto de mala maneira ( polo menos para min ) e rematei respondendo ó chou.
Se tés corenta minutos e gañas de facelo clica aquí. Lembra que son corenta minutos cronometrados e que non che dan as solucións.
Sorte.

Labels:

18 Comments:

At 14/08/2007, 00:50 , Blogger O Raposo said...

O mellor probo un día destes. Hoxe non estou para esas lerias.

 
At 14/08/2007, 01:28 , Blogger O Raposo said...

Animeime e fíxeno. Tiven unha puntuación de 108 que non é para tirar cohetes.

 
At 14/08/2007, 09:38 , Blogger Veloso said...

Case prefiro non o facer, non vaia ser que quede por baixo de oitenta.
Dentro duns días collo as vacacións. Andarei bastante por Vigo e arredores, así que espero que teñamos ocasión de tomar un café. Saúdos.

 
At 14/08/2007, 10:48 , Blogger mueja said...

Eu teño 110, non é gran cousa. A verdade e que moitas van ó chou. Nin idea.

 
At 14/08/2007, 14:58 , Blogger TXARI said...

tamen ao chou din 100, será enganhosso o test este?

 
At 14/08/2007, 16:05 , Anonymous peke said...

Eu, coma Veloso, case prefiro non facelo, non vaia ser que leve un chasco.

 
At 15/08/2007, 13:23 , Blogger mueja said...

Ola pai de leo.
Gostei do teu comentario en ingles no blog de tukinha. Seguro que lle fixo moita ilusión.
Apertas dende o Ribeiro

 
At 15/08/2007, 15:18 , Blogger tukinha said...

pero si eres galego xq me comentas no blog en ingleS?? xD

 
At 15/08/2007, 18:10 , Blogger Ra said...

Estoy con Veloso...casi mejor quedarse con la duda, por si las "flies". besos pai, y uno gordo para Leo

 
At 15/08/2007, 23:56 , Blogger dot said...

Thanks you for visiting my blog today (Strolling Through Georgia).
I have tried Spanish and Portugese on Babel Fish but neither will intrepret.

 
At 16/08/2007, 01:12 , Blogger oldmanlincoln said...

Thank you for visiting my blog today. I appreciate it a lot. I like your post of the wrist device. Looks like an old Dick Tracy two way wrist radio from the days of World War II. DId you ever see them?

Abraham Lincoln

 
At 16/08/2007, 03:37 , Blogger dorvisou said...

Eu case prefiro tamén non sabelo. Non vaia ser o demo que sexa máis intelixente que ninguén :-)
Unha aperta de adibal.

 
At 16/08/2007, 05:31 , Blogger moucho branco said...

eu din 107, pero as tres últimas dinlles a boleo porque se me remataba o tempo... é que son lento, :P

 
At 16/08/2007, 12:35 , Blogger Soraia said...

Olá! Agradeço por sua visita em meu blog e apreciação!
Eu adoro cinema... E acredito que muitas vezes podemos tirar dos filmes grandes mensagens para a vida. O cinema é como uma válvula de escape que nos permite encontrar através da fantasia um refúgio ou até mesmo soluções para problemas reais...
Também acho muito interessante suas postagens por aqui! Até mais..

 
At 16/08/2007, 20:44 , Blogger Suso Lista said...

Casi non teño tempo pra leervos avós, pra sacalo pra saber se son listo. Prefiero seguir sendo burro. Saludos

 
At 17/08/2007, 17:16 , Blogger torredebabel said...

que va Paideleo! a verdadeira intelixencia so pode ser medida por expertos nos tempos necesarios, coñecendo de ti o que hai que coñecer e procurando analizar a maneira na que se mesturan habilidades da mente e tamén das emociòns. Non fagas caso diso! ti tes unha intelixencia superior e queda demostrado toda vez que engades aquí unha historia.

 
At 18/08/2007, 17:44 , Anonymous F. Miguez said...

Eu seiche pouco de tests de eses, pero recoméndoche que o fagas tres ou catro veces, aínda que non che repitan as preguntas, verás cómo a túa puntuación vai subindo. ¿Significa iso que te fas máis intelixente cantos máis tests fagas? Probablemente non.
Ademáis, disque cada ideosincrasia ou cultura ten uns esquemas mentais diferentes, e a súa intelixencia sigue un patrón diferente. Por tanto, nun test de intelixencia desenvolvido, por exemplo, por xaponeses, serán os xaponeses os que saquen maiores puntuacións.
Unha aperta.

 
At 27/08/2007, 20:14 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Eu tamén o fixen e tiven 110, pero pareceume algo complicado, sobre todo cara o final.
saudiños

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home