leoeosseus

Thursday, 30 August 2007

Espantallos

Nas viaxes a Portugal apenas miramos diferenzas entre Galicia e Portugal. Na estrada hai funchos e herbas rapudas que son as primeiras colonizadoras dun terreo queimado ou urbanizado. O millo en Portugal está cultivado máis xunto que en Galicia e non me cadrou de mirar ningún espantallo. Buscar espantallos é unha afección que teño coma outra calquera. A verdade é que se miran de cada vez menos e menos. Agora póñense máis Cds pendurados ou fitas de cores ou bolsas plásticas. Na foto está un espantallo que descubrín en Vigo o ano pasado e a verdade que mete medo. Se queres ver un concurso inglés de espantallos clica aquí.

Labels:

5 Comments:

At 30/08/2007, 01:15 , Blogger torredebabel said...

se eu fora paxaro, non me achegaba a un espantallo tan feo coma este!! Tamén son unha rara avis aqui. Coido que a comodidade e a tecnoloxía está facendo estragos coas mellores manifestacións da creatividade humana...

 
At 30/08/2007, 01:38 , Anonymous paidovento said...

Xa sabes que agora os de Bueu inventaron os espantallos acústicos. Iso si, non contra os paxaros, senón contra os xabaríns. Póñenlles espertadores colgados no millo e ao chegar as tres da mañá os bichos papan un susto que pra que...

 
At 30/08/2007, 13:36 , Anonymous peke said...

Ha, ha, ha. Fíxome graza o dos espantallos acústicos; non tiña nin idea de tal cousa, peor claro, son unha recén chegada ao campo.

 
At 30/08/2007, 14:23 , Blogger busto.agolada said...

É verdade que agora vense moitos menos espantallos. E ao lembralos sinto a nostalxia das súas siluetas nos campos. Habíaos moi ben elaborados con escaseza de medios.
Tampouco eu sabía dos espertadoresusados como espantallos acústico), sí das fitas e dos CDs reflectantes. E desde logo que o espantallo da foto espanta aos paxaros e ao bo gusto.

 
At 31/08/2007, 01:12 , Blogger paideleo said...

Por Bueu son finos pero no concello de Teo está o pai dun blogueiro que tamén deseñou un espantallo acústico deses.
http://www.youtube.com/watch?v=vnF8U-G0Cng

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home