leoeosseus

Thursday, 9 August 2007

Valença do Minho





Hoxe á tarde fomos a Valença do Minho a cambiar un cobertor. Unha excusa boa como outra calquera para visitar esa fortaleza e o seu mundo comercial. Valença é un formigueiro de xentes e cores. Cidade de sorrisos e carantoñas para o Leo por parte das vendedoras. Valença son xentes falando portugués, galego, español, francés, italiano, catalán, etc. Valença é unha cervexa á sombra do museu dos Bombeiros. Esquivar coches e ver pedras e arte. Ver á nena Caterina xogando co seu can e pasar polas portas das murallas rozadas por espellos retrovisores. Ver cans e gatos deambulando. Valença é un paseo polo estranxeiro máis veciño.



E despois de Valença fomos á cidade irmá de Tui. Percorremos rúas silandeiras e valeiras e paseamos a súa beira co Miño. Nenos na auga, futbolíns fixos e útiles se aportas as bólas, xente nova remando e un pelengrín viaxeiro co seu coche esmendrellado cheo de pegatinas bascas, galegas e alleas. Un pelengrín motorizado coa compaña do seu can vello coma el.

E a despedida dese mundo cercano e idílico foi no Fornos: local con fiestra a este cadro do Miño coas súas dúas ribeiras verdes e bucólicas.

Viaxar viaxa calquera; o caso é vivir a viaxe.






Labels:

6 Comments:

At 10/08/2007, 11:42 , Anonymous Anonymous said...

Soáme a vista, pode que tamén tomásedes un bo bocata!? Crispress

 
At 10/08/2007, 15:59 , Anonymous peke said...

Que bonito post!

 
At 11/08/2007, 09:35 , Anonymous jan said...

Fermosa post e sobre todo a derradeira frase...Hai que saber gozar das viaxes e non importa onde vaiamos, cada lugar nos descubre algo novo...

Triste sería non sorprenderse...

Bicos e apretas para os tres...

 
At 11/08/2007, 21:12 , Blogger Mario said...

É curioso como estas zonas fronteirizas levan máis mestizaxe que algunhas cidades máis grandes. Lembro a miña primeira visita a Caminha e o fascinado que quedei coa cantidade de prensa estranxeita que tiña. Téñolle moitas ganas a unha viaxe saltando dun lado ao outro da raia.

 
At 12/08/2007, 20:39 , Blogger Mrs.Doyle said...

Tui e Valença... Dous pequenos paraísos separados por un río... Fermosos lares.

 
At 13/08/2007, 19:02 , Blogger busto.agolada said...

Vese que ti viviches a viaxe. E non me extraña, eu sempre que vou a esas terras fronteirizas gozo da fermosura, da historia, do tipismo, das cousas interesantes de Portugal.
Un saúdo agarimoso

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home