leoeosseus

Saturday, 4 August 2007

Aniversario do blogo



Hoxe este blogo fai un ano. E para celebralo poño a foto dun codeso en flor que para iso esta é a época de floración. Os codesos viven xuntos coas xestas pero botan flor máis tarde que as xestas.

Cambiando de tema; hoxe fomos á praia contra a tardiña e o primeiro que facemos sempre é ver se a marea sobe ou baixa para pórnos no límite que marcan as algas secas. A marea subía e por baixo do límite había dúas parellas de turistas que non sabían que a marea lles viña enriba. En detalles coma este, aparte do socate, distingue un se a xente é turista ou non. E unha diversión tonta que teño é esperar que a marea suba e molle as toallas dos despistados. E iso que a marea vai avisando que sobe !.

Labels: ,

6 Comments:

At 05/08/2007, 01:46 , Blogger O Raposo said...

Parabens por ese cumpleanos.

 
At 05/08/2007, 13:46 , Blogger Nébeda said...

truquiños que ten un, vantaxes de ser atlántico. ;)

Onte eu tamén fun a praia, e vin a un pai comportándose co seu fillo como seguramente faga vostede co seu Leo. Caiume a baba.

Un bico grande.

 
At 05/08/2007, 19:59 , Anonymous ghanito said...

Parabéns meu, neste ano quedou claro que no vello blogue non entrabamos só para descubrir cousas dos EUA, senon polo xeito tan marabilloso de contalo todo, aquilo antes e isto agora.

Unha aperta e a ver cando coincidimos en persoa de novo!

 
At 05/08/2007, 20:16 , Blogger moucho branco said...

Eu xa enlacei aquí... hai xa un ano?... vaia, que curto se fixo, :)

 
At 05/08/2007, 20:59 , Blogger Torreira said...

Parabens paideleo...pola renovación do seu contrato (minimo 1 ano mais) pra poder seguir desfrutando coas súas historias.Apertas

 
At 06/08/2007, 10:18 , Blogger X said...

Que rápido pasou!
Parabéns polo aniversario.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home