leoeosseus

Sunday, 29 July 2007

O Leo na praia de Abra


O sábado fixo calor de verán por fin. Pola tarde o Leo refrescouse nunha bañeira na finca dos avós en Pías e contra a tardiña fomos á praia da Abra ou Patos. Había muita xente ( nós formamos parte dela queiramos ou non ) e o Leo desfrutou nunha charca de auga salgada e con golfes e outras algas por primeira vez na súa vida. Tamén lle gusta acumular area e falar só con ela.
Pola megafonía da praia anunciaban a desaparición dun neno e decateime do angustioso desa situación; tanto para o neno como para os pais. Dalí a uns minutos xa avisaron de que aparecera o neno. A min de pequeno nunca me pasou iso e o único malo que me pasou foi a trichadura da pel da pilila coa petrina do pantalón. O típico: tocaba marchar e tiña o bañador mollado entón miña nai vestiume o pantalón sen calzón nin nada e pasou o que tiña que pasar. Pasei muita dor nese momento pero foi pior cando meu pai logrou desengancharme a base de darlle arriba e abaixo á petrina.
Bueno, historietas da praia.

Labels:

9 Comments:

At 30/07/2007, 11:43 , Blogger Vanessa de Santiso said...

Que boa a historieta do teu trauma! jejej.. e tamén a foto do leo, que está repoludo que dá gusto!
Apertas

 
At 30/07/2007, 16:03 , Anonymous Chelo said...

Que doooooooooooooooooor

 
At 30/07/2007, 19:50 , Blogger torredebabel said...

Aqui na Arxentina, cando un neno pérdese nunha praia todos comezan a aplaudir ao redor do rapaz para que os pais saiban onde ir buscalo. Non é, certamente, un método sofisticado pero dende que teño uso de razón é moi efectivo.

 
At 30/07/2007, 20:02 , Blogger Nemeth said...

mira que fai calor pero acabo de ter un calosfrio! que dano, mimadriña!

o leo segue fermoso e repoludo!

por certo, os teus desexos foron ordes inconscientes ;)

apertas

 
At 30/07/2007, 20:41 , Anonymous peke said...

Non me estraña que che quedase gravado.
O Leo aquí está moi serio pero na de abaixo sorrí que dá gloria. Noraboa!

 
At 30/07/2007, 22:19 , Blogger La queue bleue said...

E um irmanzinho nom vai ter?

 
At 30/07/2007, 22:49 , Blogger Suso Lista said...

Pois anda con coidado, que sin eso non se poden facer mais nenos, se chegado o caso se emancipa o leiño, je je.

 
At 31/07/2007, 01:12 , Blogger paideleo said...

O que me pasou foi hai ben anos e non quedou secuelas e agora teño muitíiiiiisimo cuidadeo co estas andainas.
Gustoume o sistema arxentino de axuda a nenos perdidos e de momento non pensamos nun irmanciño para o Leo ( anque tamén o Leo viu de sorpresa ).
Graciñas polos comentarios e os piropos para o Leíño.

 
At 01/08/2007, 13:00 , Blogger Mr Tichborne said...

Que riquinho o Leo, parece Ruíz Gallardón de pequeno, facendo tobos.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home