leoeosseus

Sunday, 22 July 2007

Quilómetros e quilómetros


O Leo foi o xoves a Culleredo e Ana tivo que mercar unha saia que se puxo coma un pito coa chuvia. Venres á mañá tocou visita á pediatra que o Leo tiña un ollo mal supostamente por algún golpe con algún xoguete. Pola tarde fixemos fotos do Leo en papel. Á tardiña TioNan mercou El Jueves apesares da proibición que había sobre a venda da revista. A cea foi de empanada de zamburiñas. Á noite o Leo durmiu mal por mor dos dentes de arriba. O sábado o Leo estivo por Marín e Beluso con Cris e Toño e o domingo foi a Arbo. O camiño de volta foi con chuvia, por non variar.

Labels: ,

8 Comments:

At 23/07/2007, 12:51 , Blogger O Raposo said...

Pois que teña coidado o TioNan, que como se enteren que mercou a revista ....

 
At 23/07/2007, 19:39 , Anonymous jan said...

Agardo que se poña ben o vos pequeno, para poder ver con eses enormes ollos todo o que os seus viaxeiros pais lle teñen que mostrar...

Respecto de El Jueves, que garde a revista, que seica se cotiza que non vexas...Apretas para os tres.

 
At 23/07/2007, 22:36 , Blogger Suso Lista said...

Aquí dise que está o tempo criador. Co Jueves, nunca creín que os cda Casa Real iban "traballar tanto" coma pra secuestar a revista. Pais de locos e xusticia carca e franquista.

 
At 23/07/2007, 22:48 , Blogger Nébeda said...

O Leo paseando por Beluso e eu sen velo. Dende logo... XDD

1bico grande.

 
At 23/07/2007, 22:59 , Blogger O Breogán de Gáidil said...

Ese Jueves consérvao en formol, que de seguro marcará dalgún xeito un antes e un despois.
Que o Leo poida lelo (cos olliños ben xa) e saiba que cando el era neno, 30 anos despois de que caera unha dictadura, aínda seguía a "haber clases" neste país.

 
At 23/07/2007, 23:11 , Blogger Mrs.Doyle said...

...a chuvia... Vai resultar que somos anfibios, de verdade...

Grazas polos ánimos ;)

 
At 24/07/2007, 01:33 , Blogger paideleo said...

Graciñas polos comentarios.
O Leo segue co ollo vermello pero supoño que será normal.
TioNan aínda non foi ó cárcere e espero que non vaia.

 
At 30/07/2007, 19:41 , Blogger torredebabel said...

Se as fotos son quen de atrapar tanta ledicia e fermosura é porque sodes guapos e unhas personas lindísimas! Apertas moitas! xa nos coñeceremos a próxima vez.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home