leoeosseus

Sunday, 8 July 2007

Illas Cíes



Hoxe fomos de excursión ata as Illas Cíes dende Baiona. Tamén foron os avós de Arbo e os curmáns de Leo David e María. Pola mañá estaba anubado pero foi chegar ás illas e abriu o ceo. Fomos camiñando ata o faro das Illas Cíes, a tres quilómetros e medio do peirao. Non recomendo o percorrido cun coche de nenos que o camiño está bastante mal. De feito, o Leo non chegou ó faro e non puido ver muitas crías de gaivota chorona ( unha curiosidade; esa gaivota en castelán chámase gaviota reidora. Que parecidos e que distintos son ás veces os idiomas ! ). Na volta paramos na praia de Rodas e amparámonos un pouco do vento que empezou a soplar nese momento. O David, o avoM e Paideleo fomos ata o cemiterio da illa ( a foto é dende alí ) e o David creu estar nun cemiterio de piratas con tantas historias que lle contei de piratas, monxes e viquingos nas illas. Tamén puidemos ver a defensa dunha parella de gaivotas na súa zona de cría contra dous homes que paseaban pola zona. Logo os avós foron ata a outra punta da illa e o resto aproveitamos para tomar xelados e merendar luitando contra o vento. Despois atopámonos todos perto do peirao e esperamos polo barco de volta.

O Leo pasouno ben coa area e os primos e durmiu mui pouco e agora está trasnoitando.

E así foi o domingo.

Labels:

14 Comments:

At 09/07/2007, 02:28 , Blogger moucho branco said...

vaia, así que pasáchedelo de medo, non?... uf, e eu sen moverme da urbe dos entrefollos... haber se me espabilo...

 
At 09/07/2007, 11:11 , Blogger La queue bleue said...

Ou que parecidos som ás vezes o riso e o pranto.
:)

 
At 09/07/2007, 14:32 , Anonymous dorfun said...

...en 3 semáns estarei por esas illas... algunha recomendación especial? ...grazas! :D

 
At 09/07/2007, 22:07 , Blogger Iria said...

tremendas vistas tengo que ir allá

 
At 09/07/2007, 22:14 , Blogger David said...

Recordo a primeira vez que fun ás Cíes... Tiña uns 4 anos e meu pai botoume na auga para que aprendese a nadar. Como me cubría e el se apartara non me quedou outra que facelo xD
Desde aquela fun bastantes veces até alí e nunca marchei sen levar o meu correspondente baño, hehehe...
Alégrome de que o pasásedes ben ;)

 
At 10/07/2007, 01:23 , Blogger Suso Lista said...

¿Eu morrerei sin pisar as Cies?

 
At 10/07/2007, 23:21 , Blogger busto.agolada said...

Fermosa excursión. A ver cando a podo facer eu que nunca pisei as Cíes. ¿É tan marabillosa a praia de Rodas como din? Seguro que auga está moi fría.
Saúdos.

 
At 11/07/2007, 01:17 , Anonymous pepe penas said...

Algún dia tamén terei que ir as Cies...

 
At 11/07/2007, 21:50 , Blogger Nébeda said...

Visite Cíes. Visite la playa más bonita del mundo! ou algo así pon no cartaz turístico das Cíes. :S


Bicos :)

 
At 11/07/2007, 22:08 , Blogger Marinha de Allegue said...

Dirás o que queiras pero sempre andades de paseo, así da gusto...

Unha aperta por tres.
;)

 
At 12/07/2007, 03:14 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Terei que voltar por esas Illas, que hai años que non vou, e deixoume a vosa escursión cos dentes largos. Ese Leo ha ser un gran amante da natureza, eso seguro.
Un saudiño.

 
At 12/07/2007, 14:10 , Blogger Mr Tichborne said...

coidado con esas gaivotas das Cíes, qie son ben agresivas!
non seriades eses turistas que foron en barco,e mentres eles o pasaban ben en terra o seu balandro andaba á valga pola ría de Vigo abaixo?

 
At 12/07/2007, 22:51 , Blogger paideleo said...

As illas Cíes ben merecen unha visita.
Eu fora sendo un rapaz de acampada con amigos e paseino ben. Todo depende do plan.
Animo a todos a visitalas.
Graciñas polos comentarios.

 
At 13/07/2007, 03:10 , Blogger mamiago said...

Eu quero escoitar unha de piratas...

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home