leoeosseus

Monday, 16 July 2007


Hoxe foi un día rarísimo cun tempo tolo. Tanto chovía como caían lancetas de sol. Houbo un momento que facía sol e chovía e lembrei o que dixera un home da Caniza cando saía do bar da miña sogra un día coas mesmas características. Dixo: " chove e fai sol: están as bruxas a peinarse ". Esta frase encantoume. Co esta frase di que pasa un acontecemento rarísimo como unha bruxa que se peitea. Rarísimo e carregado de expresión.
Busquei esa expresión en internet e topei dúas variantes: " cando chove e fai sol anda o demo por Ferrol " e outra que se di polas Neves: " cando chove e fai sol vai casar a raposa ".
En fin, expresións que me pareceron cheas de significado e cun toque poético...se pode haber poesía na chuvia en pleno verán.

Labels: ,

6 Comments:

At 17/07/2007, 02:06 , Anonymous ictioscopio said...

outra expresión para aconteceres extraordinarios é a de "vai morrer o demo!"

 
At 17/07/2007, 11:15 , Blogger Meris said...

Eu a version coñecia un pouco mais extendida. 'Cando chove e fai sol, vai o demo pa Ferrol, cunha caixa de alfileres, para espetarlle no cu as mulleres, e cunha caixa de tenedores, para espetarlle no cu os señores' Deciamo meu avó cando era unha nena, non sei se o dito era así, ou se o recitaba para facerme rir.

 
At 17/07/2007, 16:33 , Blogger La queue bleue said...

E na terra de meu pai di-se que quando chove e dá o sol casa o lobo coa raposa. :)
[ ;) Tanta familiaridade vai-me matar! :D Que graça!]

 
At 17/07/2007, 23:22 , Blogger torredebabel said...

Eu de pequena estaba segura de que os días de chuvia casaba unha muller vella. Cando menos, iso nos dixeran ás nenas do meu tempo e ainda hoxe, mira ti, atopome lembrando diso nos raros dias de sol e chuvia. Agora, tamén podo engadir o das bruxas!

 
At 18/07/2007, 00:03 , Blogger Suso Lista said...

"cun saquiño de alfileres pra picarlle as mulleres e os homes nón, porque teñen moita razón" dise por aquí.

 
At 18/07/2007, 21:25 , Blogger paideleo said...

Pois si que hai variedade !.
Eu non coñecía as versións que dades.
Coñecía o da Arxentina que din que se casa unha vella. En Honduras din que " parió la venada ".
Graciñas pola visita e as aportacións ó tema tratado.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home