leoeosseus

sábado, 30 de xuño de 2007

Canastro furado pola publicidade


Teño poucas fotos neste ordenador pero aínda teño esta que no seu momento titulei canastro publicitario.
Muito se ten falado do feísmo urbanístico pero máis que nada restrinxido ó entorno rural. Vamos, para rir da xente do campo. Pero esta foto está sacada en Vigo, la ciudad de los defensores de los gatos, e non pode ser unha proba máis do feísmo, do pouco gusto, da pouca cultura, da barbarie e da falta de escrúpulos de xente que non aprecia o seu: a ruina dun canastro furada por un valado publicitario.
Millor cambiarlle o título e chamarlle: Seamos modernos y cambiemos nuestros hórreos por chalets.

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 30/06/07, 21:36 , Blogger OSIÁN dixo...

Tes moita razón, sempre vemos a palla no ollo dos demáis. Sempre se quere representar a incultura da xente das aldeas e vilas, como si o numero da xente que habita os lugares físicos determinara a intelixencia ea concenza.
Apertas.

 
Ás 01/07/07, 22:37 , Anonymous Anónimo dixo...

ver isto e morrer fulminado, todo un!

 
Ás 02/07/07, 11:36 , Anonymous Anónimo dixo...

Incrible!!! Vaia acábasme de deixar... Gracias por avisarme de que tiñas esta foto no teu blog, en breves publicarei un reportaxe-post, eu avísoche, por medio do teu blog.

Un saudo.

Walter Alonso
http://ocioloxia.wordpress.com

 
Ás 02/07/07, 16:55 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Leo está na etapa perfecta para que entre en contacto con outro idioma e ainda que a súa pronunciación non sexa perfecta, todos os medios que existen hoxe en día (música, películas,...) poden proporcionarche uns resultados moi bos.
Todo esto ven por un estudio que ando lendo sobre esto.

 
Ás 02/07/07, 19:11 , Blogger busto.agolada dixo...

Vaia coa presión urbanística. Feísmo, desleixo, abandono, indiferenza e moito máis é o que deixa traslucir o catrelón enriba das ruínas do canastro. Por certo, nós aquí dicísmolle canastro a unha cesta grande, feitga con vimbios.
Saúdos e saúde para o Leo.

 
Ás 02/07/07, 22:55 , Anonymous Anónimo dixo...

Tes toda a razón do mundo, e parte do universo. Gústame o eslogan, pero ten coidado que tangallegocomoelgallego pódecho copiar!!! Ponlle o copyright xa.

 
Ás 02/07/07, 23:16 , Anonymous Anónimo dixo...

Iso semella que o fixeron os que din que cada vez que falamos galego Dios mata un gato. Onde nacín todos falaban galego; e os gatos non morrían, nin as vacas, nin os porcos...¿sabedes quen os mataba?...os que non falaban galego matabanos para comelos.

 
Ás 02/07/07, 23:24 , Blogger Suso Lista dixo...

No do gatos, como ben sabedes, non me meto, ahora que o que puxo, e mandou poñer a valla, unha patada nos güevos era pouco, porque estou seguro que era home, polo mal gusto, je je.

 
Ás 02/07/07, 23:54 , Blogger paideleo dixo...

Eu flipei de sempre co esta imaxe que pode ser unha alegoría da actualidade construtora que tira co patrimonial para facer chalés onde cadra.
A imaxe dos gatos morrendo porque a xente fala galego fíxome gracia. Os do gazpacho sonche mui pándigos, como diría o meu avó.

Graciñas polos comentarios e a visita.
un saúdo.

 
Ás 03/07/07, 00:31 , Blogger torredebabel dixo...

moitas cousas dese fenómeno chamado "feísmo" me deixan coa boca aberta. Pero esta, dende logo, máis que moitas. Non so sabes contar marabillosamente, senon que por riba sabes contar con fotos!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio