leoeosseus

martes, 5 de xuño de 2007

Dez millores romances en galego


Parzival propón no seu blogo unha enquisa interesante. Quere saber cales son os dez millores romances en galego para ti. E aquí están as bases desa enquisa.
A miña lista é esta. Non lin tódolos libros en galego e hai outros que lin pero que non me gustaron tanto. Eu non sei de literatura nin estilos e a miña opinión é simplemente personal. E aí vai a lista de máis a menos.
1- " A vila sulagada " de Daniel Cortezón.
2- " Beiramar " de X. M. Martínez Oca.
3- " Pensa nao " de Anxo Angueira.
4- " Aventuras de Alberte Quiñoi " de Manuel García Barros.
5- " En salvaxe compaña " de Manuel Rivas.
6- " Código morse " de Xavier Alcalá.
7- " Licor de abelá con xeo " de Xurxo Sierra Veloso.
8- " Atuado na braña " de Xabier Quiroga.
9- " Ébora " de Xosé Carlos Caneiro
10- " As crónicas do sochantre " de Álvaro Cunqueiro.
11- " Tres segundos de memoria " de Diego Ameixeiras.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 05/06/07, 23:45 , Blogger Basho dixo...

Paideleo!

Muito obrigado. És o primeiro em fazer pública a tua escolha de dez títulos e não tens que te disculpar por nada do que dizes na tua entrada. Precisamente por isso estou tão ilusionado com este projecto: porque tenho a esperança de que saia uma lista dos melhores romances em galego, longe das escolhas académicas baseadas no prestígio acumulado a través de anos e anos e com nulo reflexo na incidência real das obras sobre a gente. Os nomes e os títulos que podem sair disto serão reais. Serão o que os leitores lêem de verdade, por gosto, por recomendação de achegados... e a muitos servir-nos-ão como guia para futuras leituras, que é o que mais me interessa a mim, por ejemplo. Uma espécie de festa das letras; um bookcrossing de referências; um intercâmbio de recomendações, tudo recolhido numa lista tão ampla como poida sair. E sabe-se lá se a coisa não serve para que se fixem nela os autores e as editoriais e se tenha mais em conta o gosto dos leitores no futuro... Sonhar é barato, não é?

Uma aperta.

 
Ás 06/06/07, 00:03 , Blogger Mrs.Doyle dixo...

Quédome con Cunqueiro. Calquera cousa escrita por el me fascina...

 
Ás 06/06/07, 00:22 , Blogger Hai Cada dixo...

Fáltanme por ler varios da túa lista... haberá que probar :)

 
Ás 06/06/07, 12:31 , Blogger Veloso dixo...

Agradézoche moito que inclúas o meu licor na túa lista. De feito, agora que o penso, é un dos eloxios máis fermosos (e creo que inmerecidos) que recibiu calquera das cousas que escribín.

 
Ás 09/06/07, 00:10 , Blogger paideleo dixo...

A miña lista é persoal e quedan fóra muitas obras que merecerían estar na lista.
Cunqueiro encántame pero "Xente de aquí e acolá", "Escola de menciñeiros" e "Os outros feirantes" non son romances.
Xurxo Veloso: mereces estar nesa lista ( segundo o meu punto de vista ).
Graciñas a todos e non tomedes esta lista coma un auto de fe sen remisión.

 
Ás 14/06/07, 01:05 , Blogger torredebabel dixo...

Pois eu concordo cen por cento con Pensa nao, de Anxo Angueira e con Licor de abelá con xeo, de Xurxo Sierra Veloso. Co resto non o sei porque non as lin pero ando a voltas co listado...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio