leoeosseus

Thursday, 14 June 2007

Crise da gandería


O sector da agricultura e gandería está en crise contina e os productos non renden o que deberían. Muitas explotacións fechan. Manolo Rivas de escribir hoxe o seu " Un millón de vacas " tería que cambiarlle o título por " 400000 vacas ". Outros productores optan por cambios radicais. Sae o bum e fan cartos a moreas os primeiros que explotan esas novidades. Pasou cos kiwis, cos visóns, coas búfalas, coas avestruces, etc.
En definitiva, hai que dar de comer a toda esa fauna e así na fábrica pódese topar pienso para polos, porcos, vacas, ovellas, cabras, cabalos, coellos, cans, gatos, pombas e perdices... Incluso hai pienso para avestruces. Pero o que si me abraiou foi topar pienso para caracois ou coscos !!!. Quen sabe cal será o próximo ?.
En fin, a imaxinativa ó poder.
Na foto está o Colín hai dous anos cunhas avestruces na illa de Arousa. O Colín non estaba acostumado a esas pitas tan enormes e apañou un bo susto.

Labels: , ,

12 Comments:

At 14/06/2007, 11:36 , Blogger Vanessa de Santiso said...

Meus pais din sempre que se se dedicaran a apoiar a quen leva toda a vida pelexando por sobrevivir e se deixaran de experimentos para o escaparate, mellor nos iría, a nós e á terriña nosa.
Unha aperta

 
At 14/06/2007, 14:53 , Anonymous xurxocimadevila said...

en san fiz hai unha granxa de caracois, e quen os probou di que son unha delicia....
pero concordo cos pais de vanessa de santiso.

P.D. por certo agora estou só no de panton a compostela, por unificar doutrina e por se algun te pasas...

 
At 14/06/2007, 15:23 , Blogger Mario said...

Hai pouco entereime de que o único animal autenticamente galego é a ovella, que o resto son importados polo home, até as vacas. Veremos algún día a avestruz sobre a bandeira? Había ser ben gracioso.

 
At 14/06/2007, 18:58 , Blogger oko said...

podo preguntar sen quedar mal quen veñen sendo os coscos???

 
At 14/06/2007, 19:21 , Blogger Torreira said...

E os galegos...non fomos importados tamén?...

 
At 14/06/2007, 20:49 , Blogger Mrs.Doyle said...

É o que ten a aldea global...

 
At 14/06/2007, 22:37 , Blogger Suso Lista said...

¿Idesme decir que a orella a feira, non é de aquí? Vait-oh

 
At 15/06/2007, 12:09 , Blogger Veloso said...

Súmome á pregunta de Oko. E engado estatística alarmante: se Manuel Rivas basease a actualización do seu famoso libro na realidade de Silvaoscura 2007, tería que titulalo "Cero vacas".
Saúdos e boa fin de semana.

 
At 15/06/2007, 12:34 , Blogger paideleo said...

Todo evoluciona e o que nos parece normal hoxe non o foi no pasado.
Hoxe hai xente que ten porcos na casa ( máis que vacas ) e hai cen anos os porcos eran de xente rica que lle sobraba comida para darlla ós porcos.
Cada vez hai menos vacas e o bum dos polos xa pasou. Non sei a que adicarán as terras no futuro pero algo haberá porque algo haberá que comer, digo eu.
Graciñas por lerme e por comentar.

 
At 15/06/2007, 13:40 , Blogger Mrs.Doyle said...

Boa traducción, PaideLeo. Seguro que Suso Lista a agradecerá más que a miña "cutre sinopse".

 
At 15/06/2007, 14:37 , Blogger busto.agolada said...

Eu vivo nunha zona onde aínda quedan bastantes vacas, Agolada, na bisbarra do Deza. Pero hai menos que houbo e con gandeiros que traballan de maneira moi diferente e alimentan o seu gando de maneira moi diferente. E a propósito dos pensos, ¿non vos parece que son como a comida precociñada, os "bollicaos" do gando? Aquí acaba de nacer unha asociación que só alimenta as vacas con métodos tradicionais baseados no pastoreo (PASDEZA) e parece que ten éxito.

 
At 15/06/2007, 14:55 , Blogger David said...

Eu creo que o próximo vai ser o pienso para koalas, que seica se adaptan moi ben a esta terra neoaustraliana tan poboada de eucaliptos...

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home