leoeosseus

Monday, 25 June 2007

Oleiros


O sábado fixo mui bo tempo e fomos ata Culleredo e Oleiros para faceren un exame Cris e Ana. En Culleredo paseei co Leo polo paseo da ría do Burgo mentres había xente facendo footing e un parrullo lle fuxía a Leo cando falaba co el como fala con tódolos animais que topa no camiño. Eu quería mostrarlle os muxos a Leo pero el miraba para o muro de pedra.
Logo fomos con Cris e Ana a Oleiros, xantamos nun restorán do paseo e visitamos o castelo de Santa Cruz que sae na foto " roubada " no flickr. Eu non sabía que era do concello e que se podía visitar e levei unha grata sorpresa. Dentro había unha exposición sobre os lobos e o Leo falou cun lobo desecado.
O Leo desfrutou do paseo e da viaxe no coche. Despois paramos en Marín un chisco e volta para Vilaguindastre.
O domingo fomos xantar a Arbo e á volta na tardiña empezou a chuvia outra volta.
E hoxe luns volta á rotina do traballo.

Labels: ,

9 Comments:

At 25/06/2007, 23:51 , Blogger Suso Lista said...

Rodeei centos de veces ese castelo, xa que vivín a tres quilómetros de el, no Carballo, e tiña por costumbre ir andando hasta ahí pra ver o mar, o dia que non iba a Corme os percebes. As veces, entrame a melancolía, e volvo, xusto ahí, o Castelo de Santa Cruz.

 
At 26/06/2007, 01:01 , Blogger Parzival said...

Podíamos ter coincidido em Culleredo! Eu este ano decidi apresentar-me por Lengua Castellana y Literatura em vez de por inglês... Mas já fiz os exames em Culleredo no 2000 (o ano passado foram em Vigo).

São curiosas as aproximações com que a vida nos faz coincidir... Há uns anos, num chat, eu estava a falar com uma rapariga e resulta que ao pouco descobrimos que ambos éramos professores de inglês, que os dois estivéramos no Reino Unido no mesmo ano (ela em Newcastle; eu em Londres); e que os dois íamos fazer esse ano o exame para Traductor Jurado em Madrid. E trás várias semanas de falar com ela naquele chat, fui onde a conheci, a 600 quilómetros das nossas respectivas casas...

 
At 26/06/2007, 13:37 , Blogger Mario said...

Pois si, Oleiros é unha vila tan fermosa como politicamente estraña.

 
At 26/06/2007, 19:35 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Unha excursión ben bonitiña, e ese Leo que non esqueza o idioma ise que fala cos animáis, halle ser moi útil no futuro...

 
At 26/06/2007, 19:54 , Blogger besbellinha said...

Sorte entón a Ana e para outra avisa que quedo a carreira dun can e non estaría mal coñecer á túa familia :)

 
At 26/06/2007, 21:05 , Blogger Mrs.Doyle said...

Bonita excursión.

PaideLeo, gustaríame facerlle unha pregunta: en que idioma falan con Leo os seus pais?

 
At 26/06/2007, 22:25 , Blogger Brais said...

Oxalá que todos fixeramos ese exercicio de comprensión para tentar falar cos animais. Seguro que nos convertiamos en mellores persoas como é Leo eos seus.

 
At 26/06/2007, 22:49 , Blogger paideleo said...

Suso: o lugar é marabilloso para sandar melancolías.
parzival: eu xa pensara no caso de topar algún blogueiro nos exames. E é que este mundo é máis pequeno do que parece. Sorte no teu exame.
mario: Oleiros seméllame unha cousa coma Nigrán. Nontiven tempo para coñecelo máis. E da política si que non sei nada.
rifo i de zeuquirne: nós trataremos de que polo menos Leo respeite os animais anque non logre falar con eles.
besbellinha: non avisei porque iamos ó que iamos. Amáis Ana segue sendo tímida.
mrs. Doyle: a excursión estivo ben.
Eu falo en galego con Leo sempre, Ana ás veces pero máis en español. Tamén lle solta cousas en inglés pero as menos. No futuro o Leo escollerá a lingua que quere e, vendo o panorama, seguro que falará español...despois do maternés.
brais: todos temos que aprender de todos e dos animais tamén.

Graciñas a todos polas vosas palabras.

 
At 27/06/2007, 00:37 , Blogger mamiago said...

unha viaxe completa

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home