leoeosseus

Saturday, 2 June 2007

Escatoloxía en galego


O outro día saiume un posteo triste e hoxe saeme un posteo escatolóxico ou merdento. Todo vén a conto pola palabra " peleiro " que busquei nos dicionarios que teño e só apareceu nun pero non co significado de " un pelo " senón de " conxunto de excrementos de cabalo ". Seica din esta palabra pertiño a Lugo capital.
Por outra banda, polo sur da provincia de Pontevedra dicimos " cachicha " para o que " fan " as galiñas. Busqueino en tódolos dicionarios que teño e non aparece. En portugués aparece " cachicha " como expresión co significado de " que nojo ! " pola zona de Braga.
Logo en Arbo chámanlle " caghatias " ás boliñas que depositan os coellos polo monte adiante ( saen na foto que non fixen eu ) e a iso mesmo chámanlle " feitíos " pola zona de Bande.
E iso é o que teño que dicir de escatolóxico por unha tempada.

Labels: ,

10 Comments:

At 02/06/2007, 23:20 , Blogger Parzival said...

O teu post lembrou-me um estupendo livro para nenos: A Toupiña que queria saber quen lle fixera aquilo na cabeza (Ed. Kalandraka). Repasa os distintos tipos de excrementos dos animais de granja para averiguar qual deles cagara na sua cabeza ao sair do seu buraco... divertidíssimo. Um possível presente para o Leo quando medre um pouco...

 
At 03/06/2007, 15:35 , Anonymous Anonymous said...

Realmente está a facer un magnífico traballo lexicográfico.

Grazas porque para persoas coma min, que opina en galego pero non se atreve a postear en galego por medo aos erros, este traballo serve como lección para recuperar o léxico galego que cada vez está máis en perigo pola tendencia a sustituilo polo léxico español.

Mrs. Doyle

 
At 03/06/2007, 17:01 , Blogger Peke said...

Cachica aparece no Xerais como merda de galiña. Non a coñecía, pero é normal (son urbanita).

 
At 03/06/2007, 17:02 , Blogger Peke said...

Quería engadir que a lingua falada é moito máis rica e variada do que cremos. Os falantes non se rexen polo dicionario.

 
At 04/06/2007, 02:18 , Blogger Nemeth said...

na serra de queixa hai (case se pode dicir que había) un pastoreo estacional, no que a res (os rabaños) durmían todo o vrao nos curros (construccións circulares pra defenderense do lobo). De pequeno, no vrao íamos todo o clan (a familia en sentido amplo) a apañar cagallas ao curro de Soutelo pra estercar. Nós, ás cagallas da res chamábamoslle conguitos :)

por certo, a miña nai todo o cura coa merda das pitas, non sabía que se dixera cachica....

aperta

 
At 04/06/2007, 04:05 , Blogger moucho branco said...

Home, as merdas son sempre un excelente tema de conversación, por iso fan bos post... hai que recuperar a escatoloxía como parte fundamental de toda conversa elevada.

 
At 04/06/2007, 05:00 , Anonymous A do outro lado said...

Pois si que che saiu un artigo curioso. E o comentarios tamén moi acordes... Non cheira a algo? :)

 
At 04/06/2007, 17:13 , Blogger torredebabel said...

A miña avóa Gerónima moito decía "Cachica" no senso que contas, o de "que noxo!" e ainda entre os seus netos que non empregan o galego o termo empléase co mesmo significado, ainda que haxa moitos sinónimos no castelán de Bos Aires. Cousas das herdanzas, dos afectos e das linguas.

 
At 04/06/2007, 17:37 , Blogger Vanessa de Santiso said...

Moi bo!!
Sinto dicir que non coñezo ningunha denominación específica para cada tipo de excrementos en Santiso. Dá gusto entrar no teu blog e aprender.
Unha aperta.

 
At 04/06/2007, 23:10 , Blogger Suso Lista said...

Por aquí, salvo a bosta das vacas, todo é merda.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home