leoeosseus

mércores, 20 de xuño de 2007

O Matalobos


Esta foto retrata o momento que enterran os restos do arquitecto Antonio Palacios na súa vila natal que non era outra que Vilaguindastre. Este feito aconteceu no 1976 e reuniu muita xente. Entre esa xente estaba " O Matalobos " que era o home do centro da foto detrás da nena con sombreiro. O tal " Matalobos " lémbroo de xardineiro coa vasoura na man esperando que caíse unha folla para varrela con muita pachorra. Logo caía outra e alá a empurraba para o montonciño. Eu non tiña trato co el e co ese alcume eu barallaba se sería un bo cazador ou se tivera no pasado algunha pelexa cun lobo a man limpa e o matara... que sei eu. Vamos, que o tiña coma un mito. E pasou o tempo e morreu ese home que era tan pausado para traballar e tan lixeiro cando bailaba nas festas coa muller. E seguiu pasando o tempo e un día descubrín nun dicionario a palabra matalobos: persoa pouco traballadora...e nese momento aparecéuseme diante a imaxe do tal " Matalobos " que deixou de ter unha vida heroica para min e se fixo humano.

Etiquetas: , ,

13 comentarios:

Ás 20/06/07, 09:19 , Blogger Veloso dixo...

Vese no Matalobos un aire melancólico, como de meditacións profundas ou sono atrasado. Declárome dende agora mesmo seguidor dos seus principios filosóficos: eu tamén son máis lixeiro no baile que no traballo.
Un saúdo.

 
Ás 20/06/07, 12:11 , Blogger paideleo dixo...

Non é mala filosofía. O malo é que tampouco son mui bo bailarín que digamos.

 
Ás 20/06/07, 12:39 , Anonymous Anónimo dixo...

Fermoso post. :)

 
Ás 20/06/07, 17:10 , Blogger busto.agolada dixo...

Descoñecía ese significado da palabra matalobos. O que non soubo nunca o Matalobos é que ese alcume había de inmortalizalo. Xa o ves, ata nós temos noticia del hoxe, en moitas partes do mundo.

 
Ás 20/06/07, 20:19 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Que tristura me deches con este post. Menudo baixón, eu que sempre soño con heroes. Non me gusta esa acepción de matalobos... borraréina dos meus diccionarios por "asasina do romanticismo".

 
Ás 21/06/07, 00:19 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu tamén coidaba que Matalobos tiña algo de heroe...bueno algo tiña...el mataba o tempo o seu xeito

 
Ás 21/06/07, 00:37 , Blogger mamiago dixo...

a foto e boísima

 
Ás 21/06/07, 02:04 , Blogger *Sara dixo...

Anda... gracias por ensinarme algo novo. Mira que eu ao ver ao 'Matalobos' tamén mo estaba imaxinando poderoso e valente... En fin.
E moitas gracias por felicitarme. Biquiños! :)

 
Ás 21/06/07, 17:43 , Anonymous Anónimo dixo...

Magoa do matalobos, xa non poderá ser unha personaxe heroica da literatura.. eu tamen me imaxinaba iso do alcume o principio, agora que mirando o ben e cunha vision retranqueira todo sae..

 
Ás 21/06/07, 22:25 , Blogger Suso Lista dixo...

Bonita historia, si señor.

 
Ás 22/06/07, 01:26 , Blogger torredebabel dixo...

Dalgun xeito, medrar é ir perdendo eses heroes dos tempos da infancia. Cando menos, sempre nos quedan os blogs para lembralos.

 
Ás 22/06/07, 12:35 , Blogger Laurindinha dixo...

xDDD Eu tampouco coñecía esa acepción de matalobos...
Preciosa historia...
Saúdos!

 
Ás 22/06/07, 15:30 , Blogger TXARI dixo...

pois debe de ser um exercício de adivinhaçom encadenar dúas verbas tan fortes e que produzan un significado tam feble...apariéncia tiha de matar-lobos...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio