leoeosseus

Saturday, 2 June 2007

Nin coas pegatas de san Cristobo


Dende logo que non se pode luitar contra o destino. A foto pertence a un camión que viña cargar á miña empresa. Este camión e outro máis pequeno eran propiedade dun home que tiña gran devoción por San Cristóbal, patrón dos camiñantes e dos automovilistas. Os camións ían incluso a un taller chamado San Cristóbal e non lle faltaba a pegatina da procesión de cada ano. Ó dono non lle valeu de nada: morreu coa súa filla nun accidente cun camión haberá uns catro anos e a empresa pasou a outra xente. Esta semana o camión da foto sufriu un accidente e quedou desfeito. A boa noticia é que o chófer está ben.
Estas son as cousas que pasan.

Labels: ,

7 Comments:

At 02/06/2007, 02:07 , Blogger Parzival said...

Vaia por deus! Uma entrada do mais alegre, Acedre! Arrepia só de pensá-lo...

Bom, cambiando de tema: já sabes que estás convidado a participar na eleição dos melhores romances em língua galega. As bases estão cá. Estaria muito obrigado se, ademais de participares tu, animasses a outros a fazê-lo. Obrigado!

 
At 02/06/2007, 05:04 , Blogger moucho branco said...

Pois sí... alegre... uf...

en fin, os santos están na mente, que lle imos facer...

 
At 02/06/2007, 14:01 , Blogger Mrs.Doyle said...

Uns nos santos, outros na natureza, outros no dólar,... a maioría da xente precisa crer e encomendarse a algo...

 
At 02/06/2007, 15:00 , Anonymous chelo said...

Cousas q ten a vida...
Bqñs.

 
At 02/06/2007, 16:04 , Anonymous peke said...

Si, concordo, moi alegre. Uf! Os fetiches é o que teñen: que só son fetiches.

 
At 02/06/2007, 22:47 , Blogger paideleo said...

Saiume triste pero é que a vida é así muitas veces e máis con algunhas persoas que parece que están gafadas.
Procurarei non escribir muitas calamidades que eu tampouco son así.
Graciñas a todos.

 
At 08/01/2010, 12:45 , Blogger Moraima said...

O importante é que o conductor esté ben... as veces, crer en algo cando parece que nada ten solución é o que nos da a vida.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home