leoeosseus

Thursday, 7 June 2007

A Coca de Monçao


Dá gusto aprender cousas novas. Teño un compañeiro de traballo portugués e díxonos que hoxe era festivo en Portugal e que en Monçao fan a festa da Coca. Eu coñecía a Coca de Redondela pero non coñecía a de Monçao. No día de Corpos en Monçao no recinto das touradas, fan unha luita entre a Coca e San Jorge como sae na foto e normalmente gaña San Jorge porque a Coca se retira ou perde unha orella que lle corta o cabaleiro. Pero hai ocasións nas que o cabalo ten medo ( cada ano o cabalo e o cabaleiro son distintos ) e acaba fuxindo entre os apoupos e risas do público e resulta gañadora a Coca. Este feito tern a súa parte positiva porque din que se gaña a Coca o ano é bo para a agricultura.
Eu non puiden ir hoxe e non sei o resultado final pero gustaríame que gañase a Coca... Hoxe e sempre.

Labels: , ,

5 Comments:

At 08/06/2007, 05:26 , Blogger Torreira said...

Euneste caso tamén paideleo...que gañe a COCA!.Apertas (e agardo que o Leo este xa recuperado de todo)

 
At 08/06/2007, 09:54 , Blogger O Breogán de Gáidil said...

As lendas de bichas e de cocas son preciosas. Sorte que en Redondela non cambiaron o conto e os protagonistas seguen sendos os da vila, non San Xurxos chegados co cristianismo.

 
At 08/06/2007, 10:35 , Blogger Vanessa de Santiso said...

Que lenda chula! E que casualidade que o artigo ao que fas referencia para a Coca de Redondela estea tirado do Intres, a revista do meu instituto, en Melide.... Se, ao final, a historia e as lendas vannos unir a todos.
Mira que aprendemos á conta túa! Unha aperta.

 
At 08/06/2007, 23:16 , Blogger paideleo said...

O Leíño segue co nariz atascado e con vozarrón pero segue forte coma un touro.
Este ano gañou a Coca que o cabalo lle tivo medo. Entón este ano será bo para a agricultura.
Un saúdo a todos e a desfrutar da fin de semana.

 
At 11/06/2007, 02:06 , Blogger Mario said...

Bromas sobre a Coca aparte, eu creo que a diferenza entre as festas de Monçao e Redondela é bastante importante. Eles teñen un heroe (e santo), nós facémolo entre tod@s.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home