leoeosseus

Wednesday, 23 May 2007

Eleccións municipais


É un bloque de granito ?. É un coche ?. Non, é o granitomóbil; o coche pregón da SPL : Sociedade Política Local. O coche vai pintado coma se fose un bloque de granito Rosa Porriño e leva a bandeira galega, altofalantes por onde soa música composta polo primeiro candidato e fotos familiares súas e dos candidatos.
Este ano a campaña está máis reñida ca nunca cos Verdes incluidos que de curiosidade poñen lazos verdes nas farolas.
E logo din que a política é aburrida.

Labels: ,

14 Comments:

At 23/05/2007, 10:03 , Blogger Vanessa de Santiso said...

Mimadriña!
O marketing político non coñece límites! Boa foto, si señor!

 
At 23/05/2007, 17:47 , Anonymous ghanito said...

Eu coñecía o ghanitomóbil, pero este coche deixame parvo!

O montuning non ten límites

 
At 23/05/2007, 20:17 , Anonymous peke said...

Porén, eu estou desexando que acaba a campaña dunha boa vez.

 
At 23/05/2007, 21:26 , Blogger *Sara said...

Que cousas!

 
At 24/05/2007, 17:28 , Anonymous Chelo said...

En vez de unirse, cada vez separanse mais e mais, parece que agora todos queren mandar, non sei, cada quen que faga o que queira, pero penso que canto mais unidos estiveramos todos mellor seria.Eu acabo de mirar un dos verdes que viña no coche, por certo para o meu gusto un pouco cargadiño de mais,cun laciño verde dos que lle puxeron, era suficiente, eu e que son minimalista, pois o tipo do coche parou e baixou pa deixar votos nos buzons, non sabia que os altavoceiros tamen se adicaban a iso.
Sinceramente, dame igual quen gañe, mentres que o faga ben...Inda que se notan demasiadas ansias de poder, seremos a proxima Marbella?
Bqñs.

 
At 24/05/2007, 20:01 , Blogger Suso Lista said...

Imos ter que facer nós o percebemóvil, je je. O ano pasado estuven en Cans coma invitado, e proxectaron unha curta nosa, este ano, non podo estar, porque viernes e sábado gravo unha curta en cervo e domingo teño que estar pras eleccións ( vou de 2 polo bng)

 
At 24/05/2007, 22:01 , Blogger Nemeth said...

se a política non é tan aburrida, quen son aburridos son a maioría dos políticos...

apertas

 
At 24/05/2007, 22:41 , Blogger David said...

Moi curioso o coche ese, hehehe...
Tiñas que estar por aquí e escoitar todos os días o coche de Esquerda Unida co Hino de Riego a todo dar :P
Saúdos!!

 
At 24/05/2007, 22:43 , Blogger David said...

E por certo, ánimos para o Colin, alégrome de que non sexa nada :D

 
At 25/05/2007, 10:37 , Blogger Mrs.Doyle said...

Orixinal o fenómeno é... e o que máis me gusta: o coche pintado de cor "tipogranitorosadoporriño".

 
At 25/05/2007, 11:03 , Blogger O Raposo said...

Polo menos pon colorido a campaña.
Xa que moitas das ideas dos candidatos son en branco e negro.

 
At 25/05/2007, 14:25 , Anonymous Anonymous said...

Foto divertida. A política vai estendendo o seu poder a grandes velocidades... Alégrome de que milites no BNG. sORTE¡¡¡(ROSA-VALDEOROSA)

 
At 25/05/2007, 20:51 , Blogger Brais said...

A falta de propostas, de ideas, de ética hai que parapintala de anedoctas, snobismo para conseguir que se fale máis do envoltorio que do producto. Lamentable e esperpéntico.
Unha aperta

 
At 26/05/2007, 16:02 , Anonymous Chelo said...

Acabo d observar ese flamante coche, sinceramente, recordame as competicions das comparsas de carnavais...
Bqñs

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home