leoeosseus

Saturday, 26 May 2007

Oito meses


O Leo fai mañá oito meses e está fino coma un allo e agudo coma unha cebola. Gústalle investigar a orixe dos ruidos e dálle a volta ós xoguetes para localizar a procedencia da música. Tamén lle gusta emborcar a caixa dos xoguetes e fozar en todos anque remate xogando coa caixa ou cun calcetín. Outra manía que ten é axitar os monecos pendurados do corredor e oscilar o cadro que fixo o tíoNe. As mans do cadro chaman a súa atención e parece que quere agarralas e ó final oscila o cadro enteiro. O Leo come mui ben e aínda toma teta e se tarda a nai acaba chupando onde pode e así lle fixo un chupón nun brazo o outro día. Aínda non agataña nin agatuma e cando o intenta arrecúa. Como si avanza un chisco é sentado. Nos falares segue cos " tha tha " e marmulla cando come.
E iso é todo.

Labels:

9 Comments:

At 27/05/2007, 01:10 , Blogger *Sara said...

Dá gusto velo medrar con esa curiosidade.
A min de pequena dicíame miña avoa "aghuda coma un pimiento", e acordeime ao lerte :)
Biquiños

 
At 27/05/2007, 03:22 , Blogger besbellinha said...

dentro de dous meses seguro que andades detrás del coidando que non caia, mentres tanto que siga medrando así de ben :)

 
At 27/05/2007, 12:45 , Blogger Marinha de Allegue said...

Non me extrana que vos caia a baba con el, parece moi espabilado e criase ben, da gloria velo e ben feitinho!!!.

Unha aperta grande para Leo, Ana e para ti.
:)

 
At 27/05/2007, 15:48 , Anonymous peke said...

Cando vexo bebés nesa época en que todo lles chama a atención, en que están descubrindo o mundo, sinto certa envexa. Para eles todo é novo e iso é impagable.

 
At 27/05/2007, 20:18 , Blogger Mrs.Doyle said...

Progresa adecuadamente.
Vaia con Leo, parece que temos un músico en potencia...

 
At 27/05/2007, 22:18 , Anonymous jan said...

Eu tamén sinto envexa deles, todo noviño e por descubrir, sería fabuloso manter durante toda a vida a mesma curiosidade....

 
At 28/05/2007, 19:05 , Blogger Parzival said...

Esse Leo está feito um rapaz! (e o pai parece cada dia mais orgulhoso dele).

Parabens!

 
At 30/05/2007, 01:50 , Blogger Nemeth said...

a curiosidade penso que a herda do pai!

que espilido que anda :D

apertas

 
At 30/05/2007, 10:45 , Anonymous opaco said...

Non sabe a sorte que ten de ter a teta da nai a man. Parabéns Leo :)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home