leoeosseus

Thursday, 17 May 2007

Meducos


O día das letras tócame seguir cos mobles e espero ter case rematado o choio. Outra xente paseará, irá á praia ou irá a algún acto que teña que ver co día das letras galegas. Tamén haberá xente que vaia apañar herba e monte os MEDUCOS que saen na foto. Cando eu era un rapaz e queriamos facer unha trasnada iamos os veciños máis eu alá polas leiras derrotando ese exército de inimigos a patadas e empurróns para desespero do dono que tiña a herba erguida así para que secase.
E esta é a miña contribución para o DLG: a palabra meduco que pode ser un monllo de herba ou un inimigo a derrotar por rapaces aburridos que merecen un bo turrón de ourellas.

Labels: ,

12 Comments:

At 17/05/2007, 09:01 , Blogger Torreira said...

Eu que pensaba que o meduco era un medo pequeno Pai...apertas

 
At 17/05/2007, 14:55 , Blogger *Sara said...

Estanme entrando unhas ganas de facer o mesmo ca ti de neno con eses meducos... :D

 
At 17/05/2007, 17:05 , Blogger TXARI said...

creo que iso semprefoi, é e ¿será? diversión de cativos...quen se librou dese tirón de orelhas?

 
At 17/05/2007, 18:13 , Anonymous peke said...

Nunca oíra tal palabra.

 
At 17/05/2007, 19:57 , Blogger O Breogán said...

Eu tamén pensaba que un meduco era alguén con medo.
Saúdos neste Día!
PS: Para min os teus "meducos" son "feixes de herba", e hai un chiste que di: "Que lle di un feixe de herba a outro?:
Estamos apañados!"

 
At 17/05/2007, 22:14 , Anonymous F. Miguez said...

Eu sí que coñecía os meducos ¡e que traballiño daban! Teño unha leira bastante xeitosa de trigo e, si non consigo quen mo veña mallar cando me cadre ben, xa me vexo uns poucos días a segar e enmeducar ó sol. Uf, só de pensalo...

 
At 18/05/2007, 19:11 , Blogger Nemeth said...

non os vía dende que era pequeno!

unha aperta

 
At 19/05/2007, 00:06 , Blogger Mar e Lúa said...

Eu nunca vira unha cousa así, e tampouco coñecía a palabra... Encántame pasar por aquí, sempre atopo algunha cousa que non sabía!!
Moitas gracias por rescatar todas esas palabras, sería unha pena que se perdesen ou se esquecesen :)

 
At 19/05/2007, 16:09 , Blogger Mrs.Doyle said...

Nunca escoitara/ lera esa palabra antes, agora xa pasa a formar parte dunha base de datos que estou facendo...
Grazas.

 
At 19/05/2007, 20:29 , Blogger Brais said...

Na zona, donde eu me criei, chamabanse medotes. Cantos anos fai que non vexo ningun.
Unha aperta

 
At 19/05/2007, 23:24 , Blogger besbellinha said...

tampouco escoitara nunca meduco anque si os vira, monllo é o único que se me ocurría para chamarlle. Sobre o día das letras, paseino durmindo...Bicos!

 
At 19/05/2007, 23:29 , Blogger paideleo said...

Eu topei a forma medouco no dicionario de Eladio Rodríguez e vese que é un diminutivo de meda que é o palleiro grande.
Por aquí creo que se fai de avea pero non estou seguro. Eu desfixen máis dun pero non fixen nin o primeiro.
Graciñas polos comentarios e espero que non vos dese medo e polo menos coñezades unha palabra nova ou fixera lembrarvos vellos tempos. Eu non coñecía a palabra medotes e xa a sei gracias ó día das letras galegas.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home