leoeosseus

Saturday, 19 May 2007

Desventuras do Colín


Hai uns meses o Colín empezou a perder pelo e a aparecerlle calvas aquí e acolá e fomos ó veterinario. O veterinario atendeuno coma sempre: fóra da tenda de animais, fumando e sen enquerquenarse tan siquera para tocar o animal. A súa diagnose foi rotunda: o Colín tiña unha alerxia e había que cambiarlle o champú. Bueno. Así fixemos e pasou o tempo e non miramos millora ningunha. Un día rapámolo e quedamos asustados: o Colín parecía un can sarnoso coa pel desfeita. Non quixemos volver ó veterinario de sempre e fomos a outro veterinario que o observou cunha lámpada especial e lle fixo un raspado e dictaminou que tiña uns fungos contaxiosos por contacto directo e que eran mui malos para o Leo e para persoas maiores coma os bisavós. Deunos un tratamento e había que seguilo e o can tiña que estar lonxe de Leo e non misturarse con máis cans. E así tivemos o Colín muito tempo: aíllado de nós e sobre todo do Leo, lavando as mans cada vez que o tocabamos a el ou algunha das súas cousas, deixándoo fóra da casa en Arbo e sen poder levalo a outras casas onde antes ía sen problema e berrándolle cando se arrimaba ó naipelo. O Colín estaba apartado de nós, triste e coma un maldito, coma un paria con lepra e nós sufriamos por el e barallando a posibilidade dunha inxección que acabase cos seus problemas e a mala vida que lle dabamos ultimamente.
E fixéronlle unha biopsia o mércores para ver que tiña de verdade e porque non milloraba co tratamento e resulta que ten alerxia e non é contaxioso nin maligno !!. Acertou o veterinario que semellaba un incompetente e erraron os tres da outra consulta veterinario e pensar que nós estivemos a punto de eutanasialo...
En fin, que o Colín pode volver facer vida normal e a ver se nos perdoa estes últimos tempos que lle fixemos pasar.

Labels:

14 Comments:

At 20/05/2007, 01:22 , Blogger O Breogán said...

San Roque Bendito!
Pobre Colín... o chiste é que seguro que vo-lo perdoa todo e incluso volvería a pasar por todo iso. É o que ten esa xente que non é ser humán e á que moitos chaman "animais".

Polo que máis me aledo é polo picariño, que non perde o seu primeiro amigo.

 
At 20/05/2007, 13:17 , Blogger Rifo I de Zeuquirne said...

Alégrome que todo iso teña rematado, sobre todo polo neno que á estar ben ledo de ter ó Colin de novo preto dél,
Menos mal que os animais son moito más humáns que nos e saben perdoarnos que si non...

un saudiño.

 
At 20/05/2007, 13:36 , Anonymous Chelo said...

Aledome de que todo quedara niso, ter que estar pensando na posibilidade de... prefiro non dicilo.
Polo visto non so os medicos cometen erros, como pa fiarse, moito aparello moito tal e o final nin idea do que lle pasaba, menos mal que se vos ocurriu pedir unha terceira opinion.
Que tal vai a tua adaptacion no novo traballo?
Bqñs.

 
At 20/05/2007, 16:34 , Blogger Peke said...

Menos mal que todo pasou, non si?

 
At 20/05/2007, 20:35 , Blogger Mr Tichborne said...

meu pobriño! seguro que Leíño o facía de menos. Alédame saber que xa non é un apestado e agardo que lle pasen os seus problemas capilares.

 
At 20/05/2007, 23:16 , Blogger paideleo said...

O Colín segue coa pel mal pero agora sabemos que podemos tocalo e non hai nada contaxioso. O mércores fixéronlle unha biopsia e deixáronlle un costurón que nin Corporación Dermoestética. Infectóuselle un pouco pero lle estamos dando antibióticos e xa se lle baixou a inflamación e hoxe xa xogou e todo.
Chelo: o choio vai ben. Tócame de tarde esta semana e é bastante tranquilo. De mañá hai que menearse máis pero non mata o choio. Os compañeiros non teñen duda que son bos e hai bo ambiente. Mesmo os encargados son tranquilos e educados. Eu creo que desta volta fichei ben.

Un saúdo a todos e graciñas polas vosas palabras. Sei que a Colín gustaríalle darvos as gracias.

 
At 21/05/2007, 10:12 , Blogger Veloso said...

Dádelle unha boa festa de re-benvida ao Colín. Alégrome por el e por vós.

 
At 21/05/2007, 14:45 , Blogger Torreira said...

Ese colin e ese Leo fan unha boa parella de feito blogueira (parabens pola súa brecuperación)

 
At 21/05/2007, 21:04 , Anonymous xurxocimadevila said...

este mundo éche asi de raro... nunca se sabe onde pode residir a verdade. e é que en realidade as veces as apariencias enganan... pobre colin, e el sufriuno en primeira persoa...
Un abrazo!

 
At 21/05/2007, 22:32 , Anonymous muralla said...

Miña naiciña !!! Pobre canciño...
Alégrome muito de que o pobre Colín salira con ben e poida xugar muito co Leo, que está precioso!!!
Bicos

 
At 21/05/2007, 23:13 , Blogger Suso Lista said...

¡Que cousas pasan! menos mal que todo se amañou, por certo, como tomou o Colin a volta a vida normal?

 
At 22/05/2007, 00:17 , Blogger torredebabel said...

bicazos moitos para o Colin e paciencia: ás veces, o amor atopa vieiros errados, pero sendo amor do bo, chega a destino. Non teñades medo, é un canciño moi listo e de seguro entende moi ben o que pasou...

 
At 22/05/2007, 22:17 , Blogger Nemeth said...

ai coitadiño! mentres hai vida hai esperanza...

o leo está lindísimo, por certo

apertas

 
At 27/05/2007, 00:05 , Anonymous nai de Cris said...

teño 57 anos, toda a vida tiven cans e gatos, e as veces tiveron problemas parecidos o do Colín. Oxe en día Tana e Runa, ti xa as coñeces, as miñas cadelas, teñen moitos problemas, ainda non morrín. E bo ter precaución pero non hai que alarmarse. Saudos,
Cristina

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home