leoeosseus

martes, 22 de maio de 2007

Festival de Cans

Dentro duns días dará comenzo o Festival de Cans no Porriño na súa cuarta edición. Nas ocasións anteriores non puiden ir e este ano non irei o xoves e mailo venres porque traballo de tarde pero o sábado pode ser que me acerque alí. Este festival de curtas ten algunhas peculariedades como que hai desfile de chimpíns (motocultores que levan remorque cos actores enriba), as proxeccións son en galpóns e cubertos, hai música e hai cañas a un euro. Se o tempo acompaña o éxito está asegurado.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 22/05/07, 15:08 , Blogger *Sara dixo...

Ten que ser moi divertido!
Temos un amigo (Abelardo Rendo) que leva unha curta este ano, aínda que non para concursar. É 'As farolas' e a prota é Mariquiña! Despois tamén participamos o resto dos Papaventos :). Non sei se xa terás lido cousas dela nos nosos blogs...
Poderase ver o mércores á noite no pase especial para os veciños de Cans, sobre todo. SE te animas... :D

 
Ás 22/05/07, 15:13 , Blogger TXARI dixo...

eu escuitara do festival jâ dende a primeira edición, pero nunca puiden achegarme alí, creio que merecería a pena, jâ nos contarás!

 
Ás 22/05/07, 17:27 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Pois si que che me gustaría ir a ese festival, ten unha pintaza bárbara e a cousa parece que promete, que pena non poder ir...
un saudiño.

 
Ás 22/05/07, 19:21 , Anonymous Anónimo dixo...

eu tampouco poderei ir.... ais... cousas da economía moderna...
pero que carallo, adiante co pasarela e o glamour nese desfile de chimpins!!!

 
Ás 23/05/07, 00:25 , Blogger paideleo dixo...

Ai *sara, o mércores tampouco podo ir ó festival e perderei a actuación da Mariquiña. Mecachis...
A ver se vou o sábado para cheirar un pouco do ambiente e do glamour do mundo da séptima arte.
Xa vos contarei.
Graciñas pola visita e os comentarios.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio