leoeosseus

Sunday, 15 April 2007

O Leo a comer



Onte deille de comer a Leo e quedou feito un mostro das barbas verdes, todo larafuzado. Non puiden evitar botar unha gargallada e tirar de cámara para perpetuar o momento. O Leo come bastante ben a mistura de acelga, porro, cenoria e pataca pero eu non lle sei o truco aínda e escápame da culler coa boca e queda así de emporcallado.

Agora temos que ter máis cuidado co el que xa dá a volta de cara arriba a cara abaixo e pode escapar a rolos da súa esquina.

Gústalle estar sentado e xogar cunha pelota grande da praia e que máis lle encanta é percorrer a casa e tocar cousas penduradas, cadros e figuras e non se aburre que tódolos días son novidade para el.

Agora dorme a sesta despois do xantar e logo pasearemos que está o día para iso.

Labels:

19 Comments:

At 15/04/2007, 17:10 , Anonymous peke said...

Ha, ha, ha. Non é doado darlle de comer a un bebé porque se moven moito. Supoño que sabes que se parece moitísimo a ti.

 
At 15/04/2007, 18:14 , Blogger muralla said...

Como se parece a ti.. Non podes negar que eres o pai !!
Está guapísimo !!!

 
At 15/04/2007, 20:34 , Blogger Mrs.Doyle said...

Vaia ollos!

 
At 15/04/2007, 20:43 , Anonymous jan said...

Que personaxe, he, he! Está feito un repolo, parece o pequeno Buda!
Bicos para os tres

 
At 15/04/2007, 21:17 , Blogger Torreira said...

Esas son barbas e non as de Fidel...que risotadas co rapás.As súas sestas despois desas enchentas deben ser míticas...

 
At 15/04/2007, 22:30 , Blogger Mr Tichborne said...

ha ha, está ben grazoso!! o truco, disque é ir repañando coa culler o que lle queda no queixo. Porque metelo todo dentro e con limpeza, nin de coña!!

 
At 16/04/2007, 09:53 , Blogger X said...

Aprenda de mrtichborne que sabe moi ben a teoría. A verdade é que está moi gracioso, por certo, que envexa de tenteteso!

 
At 16/04/2007, 14:13 , Blogger cris said...

Pois xa sabes a praticar máis as mañas libres para darlle un descanso á mamá que así pode aproveitar co das opos. Dalle ánimos con iso que eu sei que ten moita capacidade,e é moi rápida traballando. Que sexa optimista, que nunca se sabe, e só compre ter confianza nun mesmo sen dudalo, ainda que estén trampelladas para os interinos.

 
At 16/04/2007, 15:32 , Blogger Mariquiña said...

Ostras! É ighualiño que papá!! Que lindo! Aii, que ganas de ter un bebé e que mágoa ter que agardar tanto!

 
At 16/04/2007, 15:33 , Anonymous Chelo said...

Sinto dicirche que inda tes moito que practicar,estas seguro de que non o manchaches a proposito?g,g,g...
Penso que vai ser moi traste.
A min pareceseme a Ana.

 
At 16/04/2007, 17:06 , Blogger XurxoCimadeVila said...

esa foto vai ser un dos motivos polo que de maior vas acabar nun asilo, pero non nun calquera, como di o fillo do cuesta en "aqui no hay quien viva" nun deses nos que atan os ancians... hahaha.
Menudo rapacinho tes ai, ainda que eu non lle sei buscar parecidos... pero seguro que sae mais guapo que o pai!

 
At 16/04/2007, 17:47 , Blogger Madeleine said...

Lindo o neno!! Aproveitade e que vexa o sol, en Santiago pouco podemos velo. E que lle aproveite, por certo!

 
At 16/04/2007, 20:33 , Anonymous xuliodrabal said...

Verduras e froitas non lle son moi apetecibles a algúns destes enanos.

Proba de facerlle algunha monería : o típico da cuchara é un avión. Ruidos de avión coa boca, funcionan as primeiras veces...

 
At 17/04/2007, 00:45 , Blogger moucho branco said...

o que conta é a intención home, :P.. anque non sei se o babeiro do leo opinará igual...

 
At 17/04/2007, 03:46 , Blogger dorvisou said...

O rapaz é más guapo e máis novo que o pai...alguén tiña que dicir a verdade:-)

 
At 17/04/2007, 04:30 , Anonymous A do outro lado said...

Que boa a foto! E o Leo que te mira coma dicindo, que miras, chaval... Veña, segue practicando no enceste, que seguro que dentro de 10 anos xa o tes dominado. Unha aperta.

 
At 17/04/2007, 10:22 , Blogger Oskiña said...

JEJE, qué guapo. Quedoulle unha "perilla" ben xeitosa. Nótase o estilo que ten xa de pequeno :-))

 
At 21/04/2007, 11:41 , Anonymous beatriz said...

eu non entendo isto das comidas, aquí en canarias o protocolo é que nada de espinaca nin acelgas ata que teñan un ano. aí nada de uvas, aquí si... en fin, que eu a sabela sigo o que me di aquí a pediatra, que por certo, o 26 xa cumpre nove mesiños e tócalle a revisión, daquela comezará a probar o peixe (supoño)
unha aperta

 
At 28/04/2007, 11:05 , Blogger rifenha said...

Ta bem pavero o meninho tudo enzoufado e com esses olhos tao abertos...
Assim se poem as bases dumha relaçao cum filho.
Muito importante, ainda que semelhe brincadeira.
O que da de comer e o que dorme com os meninhos, sao os que mais pegada deixam para o futuro.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home