leoeosseus

Friday, 13 April 2007

Partidos políticos en Vilaguindastre

Hoxe é venres 13 e foi o día escollido polo PP para presentar o seu candidato á alcaldía para Vilaguindastre. Pero o PP non é o único partido que se presenta no concello. Aparte está o PSOE, o BNG, os Independientes, os Ciudadanos por Porriño, a Sociedade Política Local e parece ser que hai unha candidatura dos xitanos. Unha nova da que me enteirei pola interrede.
O PP, PSOE e BNG xa se coñecen. Os Independientes son unha esgalla do PP, así coma os Ciudadanos por Porriño. A Sociedade Política Local non ten páxina web pero é un grupo curioso dirixido por un músico e formado por xente " normal " e que non ten experiencia na vida política e aproveitan as siglas SPL para dicir que son Sobradamente Preparados e Libres.
Co este panorama político, non me extraña que Ana soñara o outro día que había un mítin nun bar dirixido por un veciño que de ten pinta de todo menos de político e que era dirixente dun partido chamado Sociedade Politicamente Preparada.
En fin, que gañe quen gañe pero que gañe O Porriño, nomeado por min Vilaguindastre.
A explicación da nomeada está na foto.

Labels: ,

9 Comments:

At 13/04/2007, 18:21 , Anonymous Modesto said...

Pois na miña vila aínda hai máis guindastres. :-/

 
At 13/04/2007, 21:00 , Anonymous Anonymous said...

Abofé, que gañe Vilaguindastre... aunque a min dame a impresión de que quen gañará, serán os políticos.

Mrs.Doyle

 
At 13/04/2007, 21:29 , Blogger dorvisou said...

Vilaguindraste soáme a corrupción política, a guindastre...
É triste non poder falar hoxe de política sen ter sensacións raras. ¡ que pena!...menos mal que o povo é aínda bastante honrado e dáselle por traballar :-)

 
At 13/04/2007, 22:52 , Anonymous Chelin said...

Onde imos chegar...
Por certo, que tal estes primeiros dias no novo traballo, que tal os compañeiros... e as novas catacions de Leo, xa probou algo mais?.
Bqñs.

 
At 14/04/2007, 00:21 , Blogger mamiago said...

Había más grúas en la zona, que ahora ya no están, aún así hay muchas...Pero os voy a decir, que aunque parezca mentira el progreso es bueno para una ciudad, O Porriño, quere crecer..., todos necesitamos vida..., movimiento, trabajo, los comerciantes necesitan vida, para que la gente compre en su ciudad, sin desplazarse a otras como Vigo, ojalá siga así, pero con ORDEN. Yo veo mucho futuro, mucha industria, pero claro, también especulación. (Ya sabéis, invertir, que con lo que están subiendo los pisos pronto no llegaremos, bueno, esperemos que nos suban los sueldos a la misma velocidad... Pero mira que soy ingenua.

 
At 15/04/2007, 14:56 , Blogger beatriz said...

leo, eu non sei, creo que isto da globalización é moi perigoso, ¿sabías que vilaguindastre é unha especie de caruncho que vai asolando todo canto toca?, afecta sobre todo aos lugares onde o mercado e á que lle chaman democracia (goberno do demo, evidentemente)conviven relativamente normalizadas.
en fin...
bicos!!!

 
At 15/04/2007, 15:43 , Blogger paideleo said...

Teño que engadir Os Verdes como aspirantes á alcaldía.
Os xitanos parece ser que ó final non se presentan.
Ui, que emoción estas eleccións !.

 
At 15/04/2007, 23:18 , Anonymous Susana said...

Espero que siga Raúl de alcalde. Gobernou en absoluta e permanente minoría e non puido sequera aprobar uns orzamentos e con todo creo que o fixo razonablemente ben. Creo que merece seguir e en condicións mellores que os últimos catro anos.
Susana

 
At 17/04/2007, 06:31 , Blogger Mario said...

Unha mágoa o dos xitanos, eu votaría por eles, aínda que fose só por foder.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home