leoeosseus

Wednesday, 11 April 2007

A miña labor na Torredocaminho



Esta foto xa ten ben aniños e saio lombeando sacos de fariña de cincuenta quilos. Era un hobbie que tiña cando estaba no paro ou tiña unha tarde libre sen estudos. No choio que empecei esta semana fago o contrario: cargo camións. Pero van os sacos en pallets así que o choio é máis levadeiro. Aparte hai sacos de cinco, de dez, de vinte e de corenta quilos así que son máis levadeiros no caso de ter que movelos a man. Hai muita variedade de piensos e ata hai para " ovejas lecheras ". Tamén hoxe aprendín unha palabra nova: ripar, que significa turrar por un saco. É certo o dito que di que o vello vai morrendo e vai aprendendo.

Labels: ,

16 Comments:

At 11/04/2007, 07:17 , Anonymous A do outro lado said...

Pois gustoume a palabrexa, ripar. A ver se a meto no meu vocabulario. Coidadiño co lombo e un saúdo.

 
At 11/04/2007, 10:48 , Anonymous peke said...

Tamén significa coller ou quitar unha cousa con violencia ou pola forza e algunhas cousas máis.

 
At 11/04/2007, 15:45 , Blogger busto.agolada said...

Hai anos, cando a herba seca se empalleiraba, diciamos que iamos ripar a herba ao palleiro, para logo darlla ás vacas. Tamén cosignificado que indica Peke no comentario anterior. A palabra non se perdeu, úsase menos en medios urbanos; no rural aínda a emprega bastante xente.
Saúdos.

 
At 11/04/2007, 20:34 , Blogger Mrs.Doyle said...

Aprender é un fantástico don que temos todos ao alcance...

 
At 12/04/2007, 02:58 , Blogger dorvisou said...

Sendo un neno téñoa escoitado na minha casa de Dorvisou, cando se xuntaban os viciños á xogar ás cartas... nesas longas noites de inverno.
Moita sorte, pedriño

 
At 12/04/2007, 06:41 , Blogger Torreira said...

Todos a ripar pois (LK a poder ser Pai).Ánimo e apertas

 
At 12/04/2007, 13:41 , Blogger Veloso said...

Moita sorte no novo traballo e coidado cos esforzos e as posturas, que xa se sabe que a columna vertebral é unha cousa delicada. Que tal o Leo? Medrando axeitadamente? Un saúdo dende o blog retornado.

 
At 12/04/2007, 16:00 , Blogger Laurindinha said...

Eu para iso non valgo... son unha enclenque... :(

 
At 12/04/2007, 16:47 , Anonymous náufrago said...

Fermosa palabra. Coma o verbo lombear.

 
At 12/04/2007, 16:47 , Blogger Andrederabal said...

Non te creas que non e un bo "xogo".O malo e despois a espalda...
Para min o saco máis levadeiro é o de dez KILOS.

 
At 12/04/2007, 20:30 , Blogger cris said...

Coida a postura! que eu con isto de cargar os libros no mesmo lado e sentar nas primitivas cadeiras da facultade téñoa feita un oito. Dille a Ana que aínda estou coa contractura despois dun mes e iso que xa botei a crema aquela americana tan boa que mercara Toño para cando caíra na piscina dos arxentinos, lembras?

 
At 12/04/2007, 22:41 , Blogger moucho branco said...

... e eu aínda non perdo a fé en aprender despois de morto, ;)
e que tal logo no novo choio?

 
At 12/04/2007, 23:02 , Blogger Suso Lista said...

Esa palabra non existe no diccionario Cormelán. Pero carghar ao lombo ou a cabeza, si. Na cabeza ponse un "mulido", pra non facerse daño.

 
At 13/04/2007, 02:29 , Blogger torredebabel said...

pois non todo ia ser malo no avance do tempo, non si?

 
At 13/04/2007, 03:30 , Blogger besbellinha said...

Na cabeza na nosa terra ponse unha "monlla", o "mulido" tamén o teño escoitado.

Todo isto lémbrame á hernia que lle acaban de descubrir ao meu pai, a ti que che sexa todo livián. Un bico!

 
At 13/04/2007, 12:24 , Blogger beatriz said...

e tan certo, ese dito sempre llo escoito a miña nai.
o da foto ten que estar coma un buxo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home