leoeosseus

Wednesday, 28 March 2007

Bandeira dos xitanos


Onte fun facer a revisión médica para a nova empresa e tocouma facer nun edificio peculiar de Vilaguindastre. E dirás: que ten de peculiar o edificio da foto ?. Pois se amplías a foto podes ler o nome de edificio que non é outro que o edificio " Cristo vive " e nunha parede a bandeira do pobo xitano que ten unha franxa verde representando a terra aberta e outra franxa azul representando o ceo que son as únicas fronteiras que recoñece este pobo viaxeiro. Outro símbolo dese pobo é a roda do centro que representa a mobilidade desta etnia. Dende logo que se hai un concurso de bandeiras simbólicas creo que esta leva o premio.

Labels: ,

6 Comments:

At 29/03/2007, 00:08 , Blogger David said...

Edificio Cristo Vive... Que medo! :P E non coñecía eu esa bandeira, ten un significado moi interesante ;).

 
At 29/03/2007, 01:12 , Blogger mamiago said...

Moita sorte!

 
At 29/03/2007, 03:52 , Blogger moucho branco said...

Sinxelamente simbólica, moi ben escollida, si.

 
At 29/03/2007, 12:01 , Blogger Nébeda said...

querido pai de leo, neste caso trátase dun ritmo rumbeiro. O da foto foi un pouco pola letra da cantiga. Aínda que nos nosos arquivos tamén se agocha algún que outro tango. Moitos bicos.

 
At 29/03/2007, 15:36 , Anonymous Chelin said...

Acabo d flipar coa foto d Leo, Si q medrou! esa leite materna notase q e moi boa...
Dame q vai ser moi movido, ou coma me soian decir a min: Parece q tes o formigillo metido no cu,g,g,g...
Parida d Chelo, non me fagades caso.
Aledame saber q xa comenzaches cos tramites no novo traballo, xa nos diras a ver cando empezas e todo iso.
Bqñs.

 
At 29/03/2007, 23:17 , Blogger paideleo said...

Os xitanos de Vilaguindastre, que chamamos Zamoranos; aínda teñen cartos e teñen este edificio e supoño que algún máis. Tamén practican unha relixión distinta, evanxelista.
En canto ó choio dicir que empezarei despois de semana santa.
Graciñas polas vosas palabras.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home