leoeosseus

Monday, 19 March 2007

O Corpoaberto



O mércores acabo o contrato na empresa e recollerei as miñas cousas e despedireime dos compañeiros: Nonfalades, Mecaghoncrista e outros como " O Corpoaberto ". Este tal é un rapaz ben normaliño: dezaoito anos, longo e delgado coma un asubío. Ten un coche de cor agresiva e cheo de pegatinas de rallye e co escape escandaloso. Ata aí todo normal. O que ten de extraño ou fóra do común é que foi un corpo aberto muito tempo. O corpo aberto é unha persoa que ve mortos e pode predecir mortes e así el contoume de ver coroas de flores con nomes de xente que non coñecía e de ver rostros en camiños, muros e portas. Os pais quixeron tirarlle ó fillo esta habilidade e lévarono a unha meiga que lle rezou un esconxuro e lle pendurou unha cadea no pescozo cunha chave de prata bendecida e así deixou de recibir mensaxes e visións de ultratumba.

Semella incrible que nesta época tan tecnolóxica aínda sobrevivan estes asuntos tan antigos e esotéricos.

Labels: ,

13 Comments:

At 20/03/2007, 00:38 , Anonymous pepe penas said...

Ainda queda xente por moitas aldeas que din ter poderes; e hai tamén moita outra xente que vai a consulta..

 
At 20/03/2007, 00:54 , Blogger moucho branco said...

...E aínda non sei se chegarán a desaparecer algún día estas crenzas... creo que mesmo poderían convivir coa colonización de Xúpiter.

 
At 20/03/2007, 02:09 , Blogger mamiago said...

algunas coma mi, estamos a pensar en ir a ver unha bruxa de esas.

 
At 20/03/2007, 17:09 , Anonymous Chelin said...

Ai cousas inexplicables, ou q si teñen explicacion pero q por temor as reaccions dos demais, gardanse para un mesmo...sempre pensei q o ignorante e o mais feliz, non deb ser moi agradable levantarse pola maña sabendo q algo vai suceder (se e malo)e q non vas poder facer nada para evitalo...
Din q os corpos abertos podense fechar ata certas idades,+ ou - ata os 12 anos,q despois xa non se pode facer nada, so aprender a convivir con esa part dun mesmo.
Unha ultima cousa, d donde sacan os guions para as series como entre fantasmas...
Bqñs.
A cuidarse q fai voa falta.

 
At 20/03/2007, 17:33 , Anonymous a randeeira said...

crea ou non crea, a min encántame que sobrevivan estas tradicións que nos xuntan dun xeito especial co Alén.

 
At 20/03/2007, 20:36 , Blogger Mario said...

Sempre me gustou como o cómico e showman Carlos Blanco explicaba a diferenza entre corpo aberto e posesións.
Corpo aberto: vas ti no teu coche e ves a túa tía Mercedes parada ao lado da estrada, paras e diche: neno, lévasme á Festa da Ghía? Ti paras o coche, a tía Mercedes monta e alá ides para a Festa.
Posesión: Vas ti no teu coche, a tía Mercedes párate apuntando cunha pistola, báixate, átate, amordázate, métete no maleteiro e arranca o coche cara a Festa da Ghía.
Ben, era algo así, ten moitísima máis graza escoitado contar. Eu creo que todas esas cousas teñen algún tipo de explicación nunha dimensión que aínda non entendemos, como cando se cría que a electricidade era cousa de maxia.

 
At 20/03/2007, 21:39 , Anonymous oko said...

e tan malo era que o rapaz vise esas cousas?

 
At 21/03/2007, 01:24 , Blogger beatriz said...

e seguirá a haber corpos abertos e fechados por máis internete que teñamos e tecnoloxías varias... a vida e a morte teñen un aquel de misterio que está fóra do noso alcance (aínda que todo se nos queira explicar nestes intres a través dos xens)

 
At 21/03/2007, 11:12 , Blogger Elianinha said...

Mira ti, eu sabía que había xente que tiña esa capacidade, pero non coñecía que tiñan un nome propio e todo. E o da chave... que bonito. Que se quiten os polígrafos!

 
At 21/03/2007, 12:42 , Blogger bouzafria said...

Esta semana contáronme cousas ben raras que pasan no Santuario do Corpiño de Lalín. Supoño que dentro dalgún tempo serán explicadas perfectamente, do mesmo xeito que non hai moito tempo considerábase poseídos aos epilépticos. Pero é certo que esas cousas forman parte da nosa cultura. Recomendo vivamente para maior coñecemento do tema escoitar as historias de Quico Cadaval, que é el quen explicaba as diferenzas entre corpo aberto e posesión.
Por certo, sobre "corpo aberto" eu fixen algunha vez o evidente pequeno xogo de palabras con denotación sexual, coa intención de quitar trascendencia ao que me contaban en serio.

 
At 21/03/2007, 19:52 , Anonymous ghanito said...

¡abraiante! nunca tal cousa ouvira

 
At 21/03/2007, 21:37 , Blogger Peke said...

Chócame porque o rapaz é moi novo. Pensba que esas cousas pertencían ao tempo das avoas.

 
At 25/03/2007, 15:07 , Blogger X said...

Se vostedes se alegran de que remate tamén os demais nos alegramos. Saúdos a toda a familia.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home