leoeosseus

Thursday, 8 March 2007

Homaxe a Carlos Casares

No ano 2000 tiven ocasión de asistir a unha charla de Carlos Casares en Vilaguindastre. Había un feixe de estudiantes de instituto supoño que "forzados" a asistir á charla, tres ou catro señoras e eu. Ó primeiro os rapaces tiñan cara de aburridos pero Carlos Casares nin se inmutou e seguiu co sorriso que traía. Empezou a contar como cando neno escribiu para un concurso no colexio, como escribiu un conto para o fillo dunha amiga e logo publicáronllo, como coñeceu á súa muller no tren que a levaba á Coruña e el convenceuna de ir a Santiago, da casualidade de sentarse xuntos e de saber inglés os dous; el galego e ela sueca, etc.
En fin, que Carlos Casares era un chorro de palabras sinxelas e boas e logrou meter no saco a toda a mocidade que asistía ó acto. Eu logrei falar co el á saída da charla e asinoume o folleto da foto que eu, de parvo, esquecera levar algún libro dos seus. Con vergonza, ruborizado e tatexando deille un papel cunhas palabras que recollín e que non saían en ningún dicionario para que el quedase de gardián delas.
E pasou o tempo e morreu de súpeto...Ou non ?. Eu sei dun gasolineiro que ten a súa cara cuspida. Calquera día collerá o bolígrafo e deixará de asinar albaráns e porase a escribir á marxe do choio de cada día. Que así sexa.
Este posteo invitado a escribir por Marcos adícollo á Mariquinha de Vedra que nunha ocasión comparoume con Carlos Casares e sentinme realmente gabado.

Labels: ,

14 Comments:

At 09/03/2007, 23:59 , Blogger Mrs.Doyle said...

Fermosísima homenaxe PaideLeo, parabéns.

 
At 10/03/2007, 03:11 , Blogger Mario said...

Si señor, o da historia da muller escoitárallo eu na radio, daba moito de si, e mesmo parecía mentira.

 
At 10/03/2007, 11:24 , Blogger marcos valcarcel said...

Fermosa columniña. Graciñas por colaborar.

 
At 10/03/2007, 23:28 , Blogger XurxoCimadeVila said...

eu lin algo de carlos casares... non moito, menos do que deberia. era unha historia de duas vidas e de amor... creo que era "o sol do veran" e o certo e que casares era bo, moi bo... algun dia ponhereime con algun dos seus libros, dos que me faltan por lerlle.. cal me recomendades?
un dia oin, daquelas q morreu, que casares estaba encaminhado cara o nobel de literatura... de ser asi a vida e moi puta.. e coma os dous de sempre de castelao, un simil para un gran (polo que conhezo) literato.

 
At 11/03/2007, 05:23 , Blogger Mariquiña said...

Estou emocionada, :") Moitas grazas Acedre, alégrome de que aquelas palabras che fixeran ilusión.

 
At 11/03/2007, 10:39 , Blogger dorvisou said...

Pois eu só lembro de Carlos Casares eses pequenos artigos na Voz De Galicia. Pero tamén é verdade que morreu o home e quedounos a súa obra, se cando morre a xente tamén se apagaran as súas luces o mundo estaría medio baldeiro. Nun verán destes, cando vaia pola terra, fareime un agasallo.
Saúde e pesetas.

 
At 11/03/2007, 11:29 , Anonymous beatriz said...

vaia, a miña memoria fallou. lembraba que coñecera á súa dona nun tren, pero non sei porqué pensaba que era en suecia, e non na coruña. de tódolos xeitos. gracias por refrescarme a memoria.

 
At 11/03/2007, 13:17 , Blogger X said...

No fondo somos todos uns románticos.

 
At 11/03/2007, 19:04 , Blogger torredebabel said...

qué fermoso xeito colectivo de tecer unha homenaxe que, al mesmo tempo, non deixa de falar dos estilos particulares. A túa pegada está completamente nesta historia, a beleza, o amor, o valor dunha pequena histroria, a elegancia e empatía. E concordo con Mariquiña, hai moito dese talento de Casares para facer das cousas invisibles algo fermoso nas túas crónicas. Apertísimas!

 
At 11/03/2007, 22:55 , Blogger paideleo said...

Graciñas a todos polas vosas palabras e Carlos Casares merece esta homaxe organizada por Marcos Valcárcel e muito máis.
Estiven relendo estes días Na marxe de cada día do ano 1993 e segue encantándome.
Este mundo iría algo millor se houbese máis Carlos Casares: xente sinxela e optimista.

 
At 12/03/2007, 01:40 , Blogger sara jess said...

sabes quen garda un parecido moi grande?

Robin Williams, o actor.

nao me digas que non, que son unha experta nisto dos parecidos...

 
At 15/03/2007, 13:02 , Anonymous Anonymous said...

ola! estiven vendo o que escribiches sobre o meu pai. Graciñas, paréceme moi emotivo. Desculpa que me quede cos detalles e destripe a túa literatura, pero poderias dicirme onde está o tal gasolinero, se existe fora do teu blog? comprende que me faría moita gracia velo!

unha aperta,

hakancasares@hotmail.com

 
At 16/03/2007, 19:39 , Blogger Ana Bande said...

fermosísimo!

 
At 17/03/2007, 22:56 , Blogger busto.agolada said...

Ola paideleo:Son moi novo no mundo dos blogs e cada día descubro que é máis interesante e cheo de sorpresas. A primeira, ver o ligazón coa miña bitácora; a segunda, a devoción por Carlos Casares. Eu fun asiduo seguidor dos seus artigos en A MARXE, e lin case toda a súa obra narrativa. A miúdo lamento a súa ausencia. Pero como di dorvisou, quedounos a súa obra. E iso é o que fai ás persoas grandes inmortais. Por iso seguimos a día de hoxe falando del. E seguiremos. E seguirán despois de nós.
Manuel Busto.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home