leoeosseus

Sunday, 25 March 2007

Misses

Hoxe quería mirar a serie Aída que río muito con Luisma, o irmán zumbado pola droga. Pero non pode ser. Están coa elección de miss España e van botar tempo abondo e é difícil a elección. Eu penso que desfila unha miss e pega a volta e cambia de cinta co nome doutra provincia e volve desfilar. Como vai por orde alfabética a primeira é miss A Coruña e de momento segue.
Por certo: alguén coñece o Banco Máis da foto ?.

Labels:

8 Comments:

At 26/03/2007, 08:19 , Anonymous A do outro lado said...

Ten graza... mira que perdelo tempo vendo semellantes estupideces ;)

Apertas varias.

 
At 26/03/2007, 13:38 , Blogger Torreira said...

Tes razón paideleo...están feitas como os donuts en serie...todo iso e de vergoña.Luisma volveeee!

 
At 26/03/2007, 14:19 , Blogger moucho branco said...

eu vereino cando trasmuten o concurso nun de retorcidas preguntas de xeografía, iso sí que será gracioso... co que cundíu aquelo de Rusia!

 
At 26/03/2007, 15:45 , Blogger *Sara said...

Se xa o dicía unha amiga miña, este ano había moita empresaria de vinte anos, pero a tónica habitual era Miss X, 24 años, estudiante de Bachiller... Que non quero dicir que non sexa compatible ser miss e ser intelixente, eh!! En fin... eses concursos xa non deberían merecer importancia, non?

 
At 26/03/2007, 17:32 , Anonymous Chelin said...

Pasoume o mesmo ca ti, podian deixar d facer esas cousas eu tamen votei d menos o d....."me parto y me mondo,ja,ja,ja" inda q o fillo do tendeiro tamen lle chega ben,g,g,g...
Bqñs.

 
At 26/03/2007, 22:06 , Blogger dorvisou said...

Pois non entendo porque vos poñedes así...tampouco eran tan feas :-)
Ah, e que conste que as mirei cando me chamaron a filas porque estaba a danzar pola pasarela unha ex do meu fillo. ¡lástima de nora, mecajonumundo!

 
At 26/03/2007, 22:26 , Blogger paideleo said...

Feas non eran pero semellaban cincuentatantosllizas: todas coa mesma roupa, o mesmo sorriso, o mesmo peiteado e as mesmas poses. En canto a intelixencia haberá de todo como hai pola rúa adiante.
Eu envéxolles a dentemia e pouco máis.
Graciñas polos comentarios e o fillo de Dorvisou non semella nada parvo, non ho.

 
At 30/03/2007, 03:08 , Blogger torredebabel said...

coido eu que esas cousas das eleccions das mises do que sexa teñen algunha cousa adictiva porque moitas veces quedei mirando, completamente idiotizada, algo que non me interesa para nada.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home