leoeosseus

Tuesday, 6 March 2007

Falsas apariencias

Estes días estou traballando con "Nonfaledes" e sempre temos momentiños de parrafeo. Onte falamos das situacións cando a xente pensa que un é un delincuente. A min pasoume un par de veces: en Londres nunha tenda o segurata perseguiume pensando que eu ía ghispar algo. Eu seguín o xogo e fixen como que quería levar algo ata que cansei do xogo e marchei da tenda. Outra foi en Tui que me coincidiu cunha señora por unhas ruelas solitarias e ela debía de pensar que quería roubarlle o bulso que o amarraba e aceleraba o paso. Así seguimos un anaco ata que os nosos destinos fixo separarnos.
A "Nonfaledes" pasoulle tantas veces que perde a conta. O máis grave que lle pasou foi nunha ocasión que tiña presa e corría por Vigo. Dous policías foron detrás del e ó final un púxolle a pistola no sen da cabeza. Como para mexar por un. O policía díxolle que non lle dispararon na carreira porque había xente polo medio.
E na foto está Paideleo no carné de bus de Londres hai anos. Non me extraña que co esa pinta a xente desconfiase de min !.



Labels:

16 Comments:

At 06/03/2007, 23:54 , Blogger torredebabel said...

Ainda que semelle increible, as forzas de seguridade, as policias, militares e demais, ainda pensan que algo ten de verdade aquela vella idea de que os delincuentes teñen unhas características físicas comuns, coma as que describira Lombroso. E digo que é increible xa que os maiores ladróns do mundo sonche xentes moi ben vestidas, moi ben rasuradas e dende logo moi educadas.

 
At 06/03/2007, 23:58 , Blogger mamiago said...

isto é coma o viño, co tempo mellora

 
At 07/03/2007, 00:30 , Blogger Torreira said...

Comparto opinión se me deixa con Torre paideleo

 
At 07/03/2007, 09:55 , Anonymous F. Miguez said...

He he, eu tamén teño algunha documentación na que resulto bastante sospeitoso. Nalgunha ocasión, ensinando o DNI pedíronme tamén o carné de conducir, por si acaso.

 
At 07/03/2007, 10:00 , Blogger leco said...

Que vas ter, ho, que vas ter!!!

 
At 07/03/2007, 11:00 , Anonymous a randeeira said...

Fai uns días, cando viña dunha cea atopei á entrada do meu pobo un coche de Tráfico aparcado nun lugar que habitualmente usan para poñer o "globo" polas noites. Ó velos pillei por unha pista anterior que tamén leva cara miña casa e, sorpresa, veñen detrás de min acompañándome ata o garaxe. Pasaron de largo sen nada me dicir e foi pena porque non bebera nin un so grolo de alcohol.

 
At 07/03/2007, 11:22 , Blogger marcos valcarcel said...

Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
(www.asuvasnasolaina.blogspot.com)

 
At 07/03/2007, 12:54 , Blogger A rapaza do arco said...

Con eses xogos calquera día acabades nun bo problema, aínda que a Nonfaledes xa pouco lle faltou. É que é moito das "forzas da orde" disparar/mallar en ti antes de preguntar, e incluso despois se teñen un mal día, só hai que ver algunhas manifestacións.

 
At 07/03/2007, 17:05 , Blogger moucho branco said...

buenooo, que me vas contar!. Toda a miña adolescencia padecín ese problema coma bó mozo de monte alto con guedellas e pantalóns rotos (que antes de ser metrosexuais eran "jevis"). Agora como que non me pasa... tanto.

 
At 07/03/2007, 20:07 , Blogger Suso Lista said...

A min no Banesto de Corme ainda me piden o carné, porque non se creen que eu con esta pinta sea o Patrón Maior, je je.

 
At 08/03/2007, 11:28 , Anonymous Larvós said...

A min pasáronme tamén un feixe de veces situacións semellantes. É automático: se saio da casa sen afeitar, e con roupa "vella", calquera tenda na que entre non me saco aos seguradas de enriba. De feito pásame tanto que xa nin me molesta.

 
At 08/03/2007, 19:45 , Anonymous peke said...

Non é para tanto, ho!

 
At 08/03/2007, 20:17 , Blogger XM Carreira: Caixa do Mendinho said...

Ben, se ides por Heathrow ou polo JFK mellor barbeádevos ben.

 
At 11/03/2007, 10:53 , Blogger dorvisou said...

Non esquencerei daquela tarde que saía dos almacéns o pilar de Santiago, despois de sacar un casete de music sen pasar por cash e ver como un home seguía os meus talóns ata a praza de Galicia. A coincidencia de que o home levara presa fíxome sentirme un delincuente en apuros.

 
At 12/03/2007, 19:43 , Blogger Oskiña said...

A min pasoume o ano pasado nunha chocolatería de Coruña. É moi antiga e está na estreita de San Andrés. Levanna uns anciáns que levan toda a vida nela. (Eu lembro ir de pequeno coa miña aboa para comprar "cascarilla"). Pois o asunto é que fun a comprar chocolate para cocer e a señora meteume a tableta nunha bolsa. Pero non ma quería dar ata que lla paguei. Debía de pensar "éste se está equivocando de chocolate" :-)))

 
At 12/03/2007, 22:16 , Blogger Nemeth said...

semellas un terrorista islamita ou algo semellante! :) A min tamén me ten pasado algo así, cousas do bello facial...

como se os terroristas máis buscados non podesen ir con traxe e gravata

unha aperta.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home