leoeosseus

Thursday, 15 March 2007

Accidente no choio


Como non todo son flores, primavera e cousas bonitas; hai acontecementos que non son moi alegres. Pasou o luns coma se tal cousa, chegou o martes trece e trascorreu sen novidade e logo veu o mércores e á tarde tiven un susto na fábrica que puido ser grave. Estaba eu descarregando un bloque de granito xa cortado en pranchas e trataba de enganchar o casqueiro; a parte exterior e sobrante do bloque; cando partiu e caiume un anaco enriba. Foi unha imaxe fugaz e difusa, algo gris que se se me botaba enriba e me golpeaba. Pilloume de raspallón e marcoume o pescozo e o ombreiro, arrincoume o casco e tiroume ó chan. Ó final todo foi un susto que quedou nunha inchazón por detrás da orella, o ombreiro esquerdo raspado e o brazo dereito con varias feridas dende o pulso ata o cóbado resultado da caída. Fixéronme placas e non teño nada roto e agora estou de baixa. Ó final Ana tiña razón ó ter medo de que me pasase algo neste traballo e alédomonos de que deixe este emprego para a semana que vén.

Labels:

18 Comments:

At 16/03/2007, 00:37 , Blogger Mario said...

Mellorate e ten moito coidado a semana que che queda. Eu tiven moi próximos casos de accidentes laborais e son do peor que lle pode pasar a unha familia.

 
At 16/03/2007, 02:16 , Blogger XurxoCimadeVila said...

as malditas canteiras, graças a non sei quem que nom che passou nada. aqui por estes lares, nas de quiroga que som de pizarra ja se cobrarom a vida de varios obreiros por desprendementos e cousas varias, e algum quedou impedido ou peor.. a culpa na maioria dos casos é da falla de medidas de seguridade... maldita seja! mellorate e animo!!!

 
At 16/03/2007, 03:26 , Blogger besbellinha said...

Menos mal que non foi nada, e por segunda vez en pouco tempo alédome que alguén deixe o traballo.
A partir de agora que si sexan cousas bonitas e flores e primavera. Ponte bo, que eu na casa vou ter a meu irmán recén operado da clavícula e non quero máis enfermos!

 
At 16/03/2007, 03:30 , Blogger Torreira said...

Animo compañeiro!!!...alédome que ao final non fose nada que lamentar.Coídese elembre que o importante e vostede

 
At 16/03/2007, 03:40 , Blogger moucho branco said...

uf!, que mal roio... moito moito tino, que asuntos destes con peores finais danse con demasiada frecuencia aínda...

 
At 16/03/2007, 05:25 , Anonymous Eu no outro lado said...

Pois alégrome que non fose nada. Coidadiño na semana que che queda.

 
At 16/03/2007, 11:18 , Anonymous peke said...

Cóidate!

 
At 16/03/2007, 14:38 , Anonymous F. Miguez said...

Meu, si che queda só unha semana, non tes que demostrarlle nada a ninguén, ponte lonxe das máquinas e escaquéate todo o que poidas, que tes cousas que valen moito más que o mellor traballo do mundo.

 
At 16/03/2007, 19:40 , Blogger ictioscopio!! said...

ánimo, e recupérate, e benvido sexa deixar un traballo, se aforras disgustos... e perigos.

 
At 16/03/2007, 23:35 , Blogger beatriz said...

ai, mimadriña!, ándache solto o trasno. menos mal que todo quedou nun susto, así que agora a coidarse.

 
At 16/03/2007, 23:36 , Anonymous pepe penas said...

Aledome moito de que somentes fora un susto. Coidate moito..Ana, Leo e todos os teus amigos da Rede contamos contigo.

 
At 17/03/2007, 22:16 , Blogger Mrs.Doyle said...

Cóidese, recupérese e coidado o tempo que alí lle queda.

 
At 18/03/2007, 12:03 , Anonymous ghanito said...

Estiven estes días sen ver o teu blogue e non me enterara até hoxe.
Agardo que xa esteas recuperado de todo e que atopes un choio mais tranquilo axiña.
Coidate moito.
Unha aperta para ti, Ana e Leo

 
At 18/03/2007, 23:31 , Blogger dorvisou said...

Despois das cousas que xa nos contaches da laboura non me extraña nada que decidas cambiar. Eu ao longo dos anos cheguei a conclusión que a calidade de vida escomenza polo traballo.
Unha aperta e moito ánimo.

 
At 19/03/2007, 11:11 , Blogger Parzival said...

Parabéns pela pouca gravidade dum acidente que, tal e como o contas, poderia ter acabado muito peor. Semelha como um sinal, agora que dizes que o vais deixar... Sorte no novo curro (ou na busca dele)

 
At 21/03/2007, 01:21 , Blogger R.R. said...

Mimá, vaia sustazo. Xa vexo nos posts más recentes que vas millorando. Oxalá pase pronto. Ánimo e forza.

 
At 21/03/2007, 12:47 , Blogger bouzafria said...

Ánimo. O meu curmán tamén tivo un accidente similar e tivo sorte de só perder unha perna.
Prégolle que fuxa deses traballos.

 
At 22/03/2007, 13:54 , Blogger torredebabel said...

vaia... menos mal que non foi nada serio pero eu son da idea de Ana e mais ainda: se a vida da un aviso sempre está ben escoitalo. Apertísimas e coidate moito!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home